Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Luns, 02 de xuño de 2003 Páx. 7.063

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 23 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución do expediente sancionador 7/2003 a Enrique Varela Vázquez.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo tramitou expediente sancionador 7/2003, seguido de oficio, contra Enrique Varela Vázquez, finalizando este trámite con pro

posta de resolución de expediente sancionador por incumpri-la obriga de destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente.

O citado acordo é do seguinte teor:

Proposta de resolución do expediente sancionador 7/2003.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo, en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-85/100, conta 68, adxudicada a Enrique Varela Vázquez, rúa Aquilino Iglesia Alvariño, 11-5º A de Lugo e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes feitos:

1. Con data do 13 de decembro de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que o adxudicatario non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 1076/02.

2. Con data do 9 de xaneiro de 2003 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento do adxudicatario solicitado ó Concello de Lugo.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa BEGASA.

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado ó Concello de Lugo.

3. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data do 31 de xaneiro de 2003 certificado do Concello de Lugo, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello non figura inscrito o titular.

-Con data do 20 de xaneiro de 2003 certificación do consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa BEGASA, indicando que o titular non figura con contrato para a subministración.

4. O artigo 5º, punto C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que "o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses", constitúe unha infracción grave.

5. En data do 13 de xaneiro de 2003, dictouse acordo de iniciación de procedemento sancionador baixo o número 7/2003, notificado ó denunciado mediante publicación no DOG nº 65 de data 2 de abril de 2003, polo que se lle imputaba a Enrique Varela Vázquez, a comisión dunha infracción administrativa do artigo 5º-punto C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro. Concedido prazo de 15 días para presentar alegacións, o denunciado non fixo uso deste dereito.

Feito probado.

Determínase, así, como feito probado que Enrique Varela Vázquez non cumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito.

1. É competente para dicta-la resolución deste expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no artigo 1º do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10º da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 5º c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses e, en tal sentido, o Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define no seu artigo 3º que se entende por domicilio habitual e permanente, e do mesmo se desprende que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e outro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena

industria doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Considérase responsable da dita infracción a Enrique Varela Vázquez, correspondéndolle unha sanción de 601,02 a 3.005,06 euros de multa conforme o establecido no artigo 7º da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda.

4. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8º do citado regulamento.

5. Segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación desta proposta para achega-los documentos ou informacións que

estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

Propón impoñer a Enrique Varela Vázquez unha sanción de 601,02 euros de multa.

Notifíquese esta proposta de resolución ó interesado coa indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar alegacións, no prazo de quince días, ó remate dos cales pola Delegación do IGVS dictarase a resolución que corresponda.

Lugo, 23 de abril de 2003.

Francisco Centeno Márquez

Instructor