Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DAS NEVES

ANUNCIO de licitación.

Aprobado pola Comisión de Goberno deste concello o prego de condicións económico-administrativas, que rexerá o concurso por procedemento aberto

da obra denominada Pavimentación de vías públicas, exponse ó público polo prazo de oito días naturais seguintes ó da derradeira publicación deste anuncio no DOG e no BOP, para efectos de reclamacións. Simultaneamente anúnciase o concurso para a presentación de propostas, aprazándose a licitación no caso de que se formulen reclamacións contra o prego.

Obra: pavimentación de vías públicas. Lugar de execución: As Neves. Prazo máximo de execución: catro meses.

Tipo máximo de licitación: 157.904,78 euros, IVE incluído.

Forma de adxudicación: concurso por procedemento aberto.

Garantías: provisional: 2% do tipo de licitación. Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

Obtención da documentación e información: Casa do Concello das Neves.

Domicilio: praza da Cristiandade s/n 36440 As Neves (Pontevedra). Teléfono: 986 64 80 38. Fax: 986 64 80 52.

Data límite: ata o último día do prazo de presentación de ofertas.

Presentación de ofertas: durante vinteseis días naturais seguintes á publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida no prego de condicións.

Lugar de presentación: rexistro xeral do Concello das Neves, das 9 ás 13 horas de luns a sábados.

Apertura das ofertas: na Casa do Concello das Neves, ás 13.00 horas do día hábil seguinte ó día de remate do prazo para a presentación de ofertas (excepto sábados).

As Neves, 6 de maio de 2003.

Raúl Emilio Castro Rodríguez

Alcalde presidente