Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.038

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BOIRO

ANUNCIO.

O Pleno da Corporación, na sesión extraordinaria realizada o día 20 de maio de 2003, aprobou defi

nitivamente o Plan Xeral de Ordenación Municipal do Concello de Boiro.

O que se fai público para a súa executividade, cumprindo así co disposto no artigo 92.2º da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, subliñando que contra o presente acordo, que é definitivo en vía administrativa, e de acordo co disposto no artigo 85.9º da Lei 9/2002, en relación cos artigos 10.1º a) e 46.1º da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa, poderá interpoñerse recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da derradeira publicación deste acordo, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro recurso que coiden conveniente.

Boiro, 21 de maio de 2003.

Jesús Alonso Fernández

Alcalde-presidente