Convocada por Orde do 25 de marzo de 2003 (DOG nº 69, do 8 de abril) a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante na Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local, de conformidade co previsto no artigo 27.2º da Lei 4/1988, do 26 de maio, da función pública de Galicia, na súa nova redacción dada polas leis 4/1991, do 8 de marzo, e 3/1995, do 10 de abril, e nos artigos 16 e 17 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo, e no uso das facultades conferidas polo artigo 15.4º da devandita lei. Esta consellería
DISPÓN:
Primeiro.-Resolve-la convocatoria pública para a provisión, polo sistema de libre designación, dun posto de traballo vacante nesta consellería, anunciada pola Orde do 25 de marzo de 2003 (DOG nº 69, do 8 de abril).
Segundo.-Adxudicarlle destino, no posto de traballo que se indica, ó persoal que se relaciona no anexo desta orde.
Terceiro.-O persoal mencionado deberá tomar posesión no prazo sinalado no artigo 14 do Decreto 93/1991, do 20 de marzo.
Cuarto.-Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, os interesados poderán interpor recurso contencioso-administrativo, perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo competente no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 9 de maio de 2003.
Antonio Pillado Montero
Conselleiro de Xustiza, Interior e Administración
Local
ANEXO
DNI: 36010504.
Apelidos e nome: Medeiros Castuera, Alejandro.
Grupo: B.
Código do posto: XUC060000215770005.
Denominación: Servicio de Relacións coas Entidades Locais e Estudios Locais de Galicia.
Nivel: 28A.
Dependencia: Dirección Xeral de Administración Local.
Localidade: Santiago de Compostela.