Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.007

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 23 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se procede á publicación da relación definitiva de nenos admitidos para o curso 2003/2004 nos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

Con data do 26 de febreiro de 2003 publicouse a Orde do 21 de febreiro de 2003 pola que se regula o procedemento de adxudicación de prazas nos centros de atención á primeira infancia dependentes da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado para o curso 2003/2004.

Estudiadas pola comisión de baremación tódalas reclamacións presentadas, e resoltas polo delegado provincial, procédese á publicación definitiva de admitidos e da lista de espera coa puntuación obtida e a tarifa correspondente a cada caso.

Estas reclamacións enténdense resoltas coa publicación da lista definitiva, que se poderá consultar tanto nos respectivos centros como nas delegacións provinciais da consellería, no DOG e na páxina web

da Dirección Xeral de Familia (www.xunta.es/conselle/fm/dxf/inex.htm).

Os solicitantes admitidos dispoñen dun prazo de 10 días a partir da publicación da admisión para confirmaren a súa praza, presentando certificado médico do neno/a nas delegacións provinciais desta consellería, sen prexuízo do disposto no artigo 38.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Se non se presentase a devandita documentación no prazo sinalado, terase por decaída a solicitude da praza, logo de resolución en tal sentido.

Contra esta resolución, que non esgota a vía administrativa, poderá interpoñerse recurso de alzada perante a Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado no prazo dun mes, que comezará a contar desde a publicación desta resolución.

Pontevedra, 23 de maio de 2003.

Francisco José González Vicente

Delegado provincial de Pontevedra