Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 104 Venres, 30 de maio de 2003 Páx. 7.006

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN LOCAL

RESOLUCIÓN do 7 de maio de 2003, da Dirección Xeral de Xustiza, pola que se lle dá publicidade ó acordo da comisión paritaria de acción social sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o ano 2003 do persoal ó servicio da Administración de xustiza na Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co acordado pola comisión paritaria de acción social, dependente da mesa sectorial de negociación do persoal ó servicio da Administración de xustiza, en reunións celebradas os días 24 de abril e 6 de maio de 2003 polos representantes da Administración autonómica e as organizacións sindicais presentes na negociación, sobre os criterios de reparto do fondo de acción social para o ano 2003 do referido persoal, e segundo o establecido nelas, esta dirección xeral

ACORDA:

Primeiro.-Facer público o programa de acción social de 2003 e darlle a máxima difusión entre os órganos xudiciais, quedando exposto nos taboleiros de anuncios da Dirección Xeral de Xustiza, no Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, nas audiencias provinciais, nos xulgados decanos e no Servicio de Xerencia na Coruña.

Segundo.-O prazo de presentación de instancias será o abranguido entre o día 1 de xuño e o 31 de xullo, ámbolos dous incluídos.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2003.

Juan José Martín Álvarez

Director xeral de Xustiza