Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.974

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

RESOLUCIÓN do 3 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de incoación do expediente sancionador en materia de pesca fluvial de Galicia, devolto polo servicio de correos. (Expediente P-21/2003).

De conformidade co disposto polo artigo 59.4º da Lei do 26 de novembro de 1992 (BOE do 27 de novembro), de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no Decreto 14/2002, do 24 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro), polo que se establece a estructura orgánica da Consellería de Medio Ambiente, notifícaselles ás persoas que no anexo se mencionan, que con esta data resolvín publica-lo acordo de iniciación do procedemento sancionador por infracción da Lei 7/1992, do 24 de xullo, de pesca fluvial de Galicia (DOG nº 151, do 5 de agosto), por non ser posible a notificación a través do servicio de correos.

Nómease instructora deste procedemento a Paloma Quiroga López, e secretaria a Marta Joaquín Tersado, funcionarias desta delegación provincial, podendo ser recusadas en calquera momento da tramitación do expediente de concorre-los supostos legais.

Os interesados diporán dun prazo de quince días (15), contandos a partir do seguinte ó da publicación desta notificación, para achegar, por escrito, cantas

alegacións, documentos, informacións ou propostas de probas consideren convenientes en defensa dos seus dereitos.

Conforme o establecido no artigo 13.2º do Regulamento de procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, do 4 de agosto de 1993, de non efectuarse alegacións no prazo anterior, este acordo de iniciación poderá ser considerado proposta de resolución, determinándose para estes efectos o importe da sanción.

O pagamento voluntario porá fin ó expediente. Para efectualo deberá emprega-los impresos normalizados que lle serán facilitados nesta Delegación Provincial de Lugo, sita na Ronda da Muralla, nº 70-2º baixo.

O que se lles comunica de acordo coa normativa antes citada e co establecido no Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, aprobado polo Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto (BOE nº 189, do 9 de agosto).

Lugo, 3 de abril de 2003.

Luis González Vázquez

Delegado provincial de Lugo

ANEXO

Expediente: P-21/2003.

Denunciado: José Luis Rivas López.

DNI: 33802637-C.

Enderezo: r/ Fray Plácido Rey Lemos, nº 3-3º. Lugo.

Feito denunciado: non respecta-las limitacións de tamaño fixadas pola Consellería de Medio Ambiente ó ter capturado unha troita de tamaño inferior ó regulamentario (1-17,5 cm). Feitos constatados o día 23-3-2003, ás 19.30 h no río Pambre-zona libre de Carballal. Palas de Rei. Lugo.

Precepto sancionador: art. 33.9º da Lei 7/1992, de pesca fluvial de Galicia.

Cualificación: leve.

Sanción: 60,10 euros.

Indemnización por danos e perdas de 18,03 euros.