Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.972

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 7 de maio de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se fai pública unha relación de notificacións de resolucións de recursos de alzada de expedientes sancionadores (PESAN1 2002/000717-5).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícanselles ás persoas que a continuación se relacionan as resolucións de recursos de alzada dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para examina-lo expediente e interpoñer, dentro do prazo que en cada caso se estableza, o recurso pertinente.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial de Vigo, Concepción Arenal, 8-5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2002/000717-5.

Denunciado: Jorge Martín Costas.

DNI: 36073339-R.

Enderezo: Carregal nº 8, Panxón, Nigrán.

Precepto infrinxido: 6.8º.

Sanción: 1.502 euros.

Resolución: desestimatoria, confirmando a resolución recorrida.

De conformidade co previsto na orde da Consellería de Economía e Facenda do 23 de novembro de 2001 (DOG nº 235, do 5 de decembro), os importes das devanditas sancións deberán ser aboados nos prazos que establece o Regulamento xeral de recadación, ou do contrario procederase, sen máis trámite, ó seu cobramento pola vía de constrinximento regulamentaria. Para o pagamento en período voluntario os interesados deberán recoller na antedita Delegación Territorial da Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos o documento de ingreso correspondente.

Vigo, 7 de maio de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

CONSELLERÍA DE XUSTIZA, INTERIOR E ADMINISTRACIÓN

LOCAL