Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 103 Xoves, 29 de maio de 2003 Páx. 6.951

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO de 2 de maio de 2003, da Delegación Territorial de Pontevedra, polo que se relaciona aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan para seren notificados por comparecencia (Residencial Churruca, S.L. e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria,

segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónanse aperturas de trámites de audiencia pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprázanse os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.

O acto foi adoptado pola Oficina Liquidadora de Distrito Hipotecario de Redondela en aplicación do artigo 22 da Lei 1/1998, do 26 de febreiro, de dereitos e garantías dos contribuíntes.

A comparecencia deberá efectuarse, no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres, ante a oficina sinalada no parágrafo anterior, con enderezo r/ Casto San Pedro, 1-1º C, Redondela.

Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Pontevedra, 2 de maio de 2003.

Francisco Lozano Rodríguez

Delegado territorial de Pontevedra

ANEXO

Interesado: Residencial Churruca, S.L.

DNI: B-47343926.

R/ Gardoqui, 3 Valladolid.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 3571/2001.

Liq.: 600100106158.

Interesada: Gómez Nores, Mª Jesús.

DNI: 36084760-Z.

R/ Praza San Lorenzo, nº 8-2º Vigo.

Procedemento: imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.

Expte.: 3572/2001.

Liq.: 600100106159.