Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.932

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE LUGO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno, na sesión que tivo lugar o 7 de maio de 2003, aprobou a forma de adxudicación, mediante concurso, para a contratación de docencia especializada en oficios profesionais, no marco do proxecto Lugo, abrindo camiños II; por medio deste anuncio dáse a coñece-la licitación consonte as seguintes características:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Concello de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: é o de contratar entidades ou empresas para que impartan as accións formativas que se encadran no proxecto Lugo, abrindo camiños II.

As accións formativas que abrangue este contrato son as seguintes:

-Cociñeiro.

-Axente de conservación de patrimonio histórico.

-Auxiliar de traballos arqueolóxicos.

-Axente de conservación forestal.

-Carpinteiro-ebanista.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento de licitación.

Sinálase como prezo máximo do contrato as cantidades que a continuación se relacionan para as diferentes accións formativas:

-Cociñeiro: importe total 50.400 euros.

-Axente de conservación de patrimonio histórico: importe total 28.800 euros.

-Auxiliar de traballos arqueolóxicos: importe total 21.600 euros.

-Axente de conservación forestal: importe total 15.480 euros.

-Carpinteiro-ebanista: importe total 36.000 euros.

5. Garantías.

Provisional: exentos.

6. Obtención de documentación e información.

a) Entidade: Concello de Lugo. Servicio de Contratación e Asuntos Xerais.

b) Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade e código postal: Lugo, 27002.

d) Teléfonos: 982 29 71 86, 29 71 43.

e) Telefax: 982 29 72 59.

f) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista.

Outros requisitos: os sinalados no prego de condicións.

8. Presentación das ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: oito días seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura na cláusula décimo segunda do prego de condicións.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: Concello de Lugo. Oficina de Rexistro, ou ben nos lugares legalmente establecidos.

2ª Enderezo: Ronda da Muralla, 197.

3ª Localidade e código postal: Lugo, 27002.

9. Apertura das ofertas.

a) Entidade: Concello de Lugo.

b) Domicilio: Ronda da Muralla, 197.

c) Localidade: Lugo.

d) Data: a apertura de plicas realizaraa, en acto público, a mesa de contratación ó terceiro día posterior ó do remate (agás sábado ou festivos) do prazo de presentación das proposicións.

10. Outras informacións: as que se recollen no prego de condicións.

11. Gastos dos anuncios: 1.079,16 euros que serán por conta do/s contratista/s adxudicatario/s.

Lugo, 15 de maio de 2003.

P.D.

Fernando X. Blanco Álvarez

Concelleiro delegado da Área de Economía,

Desenvolvemento Local e Emprego