Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.913

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 14 de maio de 2003, do Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, pola que se sinala a data para o levantamento de actas previas á ocupación -trámite de urxencia-, para a expropiación dos bens e dereitos afectados polas obras do proxecto de modificación número 1, vía rápida desde PO-300 en Cambados a Vilagarcía de Arousa, treito: II, clave: N/PO/95.8.2, termo municipal de Vilanova de Arousa.

O artigo 28 do vixente Estatuto de autonomía de Galicia establece no seu punto 2º a competencia da Comunidade Autónoma de Galicia para o desenvolvemento lexislativo e execución da lexislación do Estado en materia de expropiación forzosa.

As obras sinaladas no encabezamento desta resolución atópanse incluídas no programa de obras que se van realizar con cargo ó programa 413-B construcción, conservación e explotación de estradas.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, de data 15 de abril de 2003, apróbase o proxecto modificación nº 1, vía rápida desde PO-300 en Cambados a Vilagarcía de Arousa, treito: II, clave: N/PO/95.8.2, termo municipal de Vilanova de Arousa.

Con data do 2 de xuño do 2000, a Xunta de Galicia procedeu á declaración de utilidade pública e á urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para efectos de expropiación para as mencionadas obras polo Decreto 152/2000, publicado no DOG nº 121, do 22 de xuño.

Na súa virtude e en cumprimento do disposto nos artigos 52 da vixente Lei de expropiación forzosa, de 16 de decembro de 1954, e 56 e seguintes do

regulamento para a súa aplicación, este servicio, no uso das facultades que lle confire o artigo 98 da mencionada lei, resolve convoca-los titulares de bens e dereitos afectados para compareceren nos lugares, datas e horas que se citan e proceder ó levantamento das actas previas á ocupación, nas que se recollerán os datos necesarios para determina-los bens e dereitos afectados e os prexuízos derivados da rápida ocupación, sen prexuízo de se trasladar ó lugar dos predios se se considera necesario.

Casa da Cultura O Esteiro en Vilanova de Arousa.

Día: 20 de xuño de 2003

Horario: 10 a 12 horas.

De: o predio nº 1167-comp. o predio 1179-D

A relación de titulares dos bens e dereitos afectados, así como o plano parcelario correspondente, estarán expostas no Concello de Vilanova de Arousa e no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, na rúa Said Armesto nº 1, 36001 Pontevedra.

Ó dito acto deberán acudi-los titulares afectados, persoalmente ou ben representados por persoa debidamente autorizada para actuar no seu nome, achegando os documentos acreditativos da súa titularidade, documento nacional de identidade e último recibo da contribución, podendo acompañarse, pola súa conta, se o consideran oportuno dos seus peritos e notario.

Así mesmo, e en cumprimento do establecido no artigo 56 do Regulamento da Lei de expropiación forzosa, ábrese información pública durante o prazo de 15 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta resolución no BOE ou ata o momento do levantamento das actas previas á ocupación correspondente, para o fin de que os interesados poidan formular por escrito, ante o Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, as alegacións que coiden pertinentes para o obxecto de emendar posibles erros padecidos ó relaciona-los bens afectados pola urxente ocupación.

Pontevedra, 14 de maio de 2003.

Fausto Núñez Vilar

Enxeñeiro xefe do Servicio Provincial

de Estradas de Pontevedra