De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, segundo a redacción dada pola Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, relaciónase resolución de recursos de reposición pendentes de notificar, despois de intentada a notificación persoal por dúas veces, e emprazase os interesados que se sinalan no anexo para seren notificados por comparecencia.
O acto foi adoptado polo Servicio de Xestión Tributaria da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda de Vigo, en aplicación do Real decreto 2244/1979, do 7 de setembro, polo que se regulamenta o recurso de reposición previo ó económico-administrativo.
A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio, ante o servicio de secretaría desta delegación territorial, con domicilio na rúa Concepción Arenal nº 8-3ª planta, Vigo, en horario de 9.00 a 14.00 horas de luns a venres.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Vigo, 24 de abril de 2003.
Pedro J. Arbolí Albarracín
Delegado territorial de Vigo
ANEXO
Interesado Procedemento
DNI: 35966070G
Pizarro, 91-2
Vigo Expte. S-19/99
Rx. : 80/01
NIF: B36842268
Martínez Garrido, 86 1º A
Vigo Expte. 23858/98
Rx.. 344/02
DNI: 00629682B
Núñez de Balboa, 63
Madrid Expte. T-16707/98
RX.: 320/02Eijo Martínez, Leopoldo
Imposto de sucesións e doazóns.
Páramo Pérez, Manuel (en nome e representación de Promociones y Urbanizaciones Sabarís, S.L.)
Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.
Sanpedro Criado, Julio
Imposto de transmisións patrimoniais e actos xurídicos documentados.