Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.903

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 11 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición, o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo provincial da construcción da provincia de Ourense, acordando a revisión salarial das táboas do ano 2002 e o axuste do calendario laboral para o ano 2003.

Visto o texto da acta da comisión paritaria do convenio colectivo provincial da construcción da provincia de Ourense (código convenio núm. 3200155), publicado no BOP núm. 245, do 24 de outubro de 2002, polo que se acorda a revisión da táboa salarial do ano 2002 e o axuste do calendario laboral para o ano 2003, que tivo entrada nesta delegación provincial, o día 30 de xaneiro de 2003, subscrito con data do 29 de xaneiro de 2003, en representación da parte económica e da parte social do mencionado convenio, esta delegación provincial,

De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común;

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación (UMAC).

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 11 de febreiro de 2003.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Acta

MCA-UGT:

Javier Carreiro Vázquez.

FECOMA-CC.OO.:

José Gómez Gómez.

Antonio Pérez Jácome.

FCM-CIG:

Anxo Pérez Carballo.

Antonio González Freitas.

David Ledo Domínguez.

ACO:

Carlos Fernández Alonso.

Manuel Novoa Velo.

Jorge Caride Luna.

Cesáreo Fernández Ríos.

José Antonio Pérez Fernández.

En Ourense, ás 20.30 horas do día mércores 29 de xaneiro de 2003, reúnense nos locais da Asociación Provincial de Empresarios da Construcción de Ourense (ACO) as persoas relacionadas á marxe previamente convocadas para o efecto, partes lexitimadas para asinar convenios ou acordos sectoriais da construcción de ámbito provincial. Preside a reunión Javier Carreiro Vázquez, e noméase secretario a Cesáreo Fernández Ríos.

Único punto da orde do día: calendario laboral para o ano 2003 e actualización da táboa salarial.

Logo de deliberación, posterior debate e votación, adóptase o seguinte acordo:

Acordo único adoptado por unanimidade: as partes lexitimadas para negocia-lo convenio provincial do sector da construcción da provincia de Ourense fixan como días non laborables para axuste do calendario anual do sector da construcción para o ano 2003, os seguintes:

3 de marzo (luns de Entroido), 2 de maio, 24 e 31 de outubro, 10, 21 e 28 de novembro, 24, 26 e 31 de decembro.

Estas datas poderanse permutar por outras diferentes, logo de acordo entre empresa e traballador.

Cando un festivo local coincida con algún día non laborable de convenio, este pasará ó anterior ou posterior día laboral.

Estes días así establecidos non computarán para efectos do desfrute das vacacións.

Tamén se actualiza a táboa salarial segundo o anexo que se xunta.

Facúltase a Cesáreo Fernández Ríos para presentar esta acta e o seu anexo ante a Delegación Provincial da Consellería de Xustiza, Interior e Relacións Laborais, para o seu rexistro, inscrición, depósito e publicación.

Este acordo adóptase por unanimidade.

E non habendo máis asuntos que tratar, levántase a sesión, logo da lectura e aprobación por unanimidade desta acta, ás 22.15 horas do día da data, que se asina por septuplicado e para un único efecto.

ANEXO I

Táboa de retribucións para o período 1-1-2002 ó 31-12-2002 (revisada)

MensualPagas extrasAnual

NivelCategoríasSoldo baseCompl.

asistenc.

Compl.

transpor.

Total mesXuñoDecembroVacac.Salario anualHoras extras

IITitulado superior725,81185,0112,00922,82864,36864,36864,3612.744,107,73

IIITitulado medio, xefe administrativo 1ª, xefe sec. org. 1ª722,59181,8312,00916,42861,84861,84861,8412.666,147,73

IVXefe de persoal, axte. de obra, encargado xeral de fábrica, encargado xeral719,08178,2712,00909,35859,05859,05859,0512.580,007,73

VXefe administrativo de 2ª, delineante superior, encargado xeral de obra, xefe sec. org. científica do traballo de 2ª, xefe de compras715,83175,1012,00902,93856,52856,52856,5212.501,797,73

VIOficial admtvo. de 1ª, delineante de 1ª, encarg. taller, encarg. sec. laboratorio, escultor de pedra e mármore, práct. topografía de 1ª, técn. org.1ª.712,33171,5512,00895,88853,74853,74853,7412.415,907,73

VIIDelineante de 2ª, técnico org. de 2ª, práctico topografía de 2ª, analista de 1ª, viaxante, capataz, especialista de oficio699,49158,7112,00870,20843,65843,65843,6512.103,157,36

VIIIOficial admtvo. de 2ª, corredor de praza, oficial 1ª de oficio, inspector de control sinalización e servicios, analista de 2ª689,83149,0712,00850,90836,26836,26836,2611.868,687,14

IXAuxiliar administrativo, axte. topográfico, auxiliar de org., vendedores, conserxe, oficial 2ª de oficio679,88139,1012,00830,98828,21828,21828,2111.625,416,87

XAuxiliar de laboratorio, vixilante, almaceneiro, enfermeiro, cobrador, garda-xurado, axudantes de oficio, especialistas de 1ª669,93129,1412,00811,07820,39820,39820,3911.382,946,47

XIEspecialistas de 2ª, peóns especializados660,00119,2012,00791,20803,69803,69803,6911.114,276,23

XIIPeóns ordinarios, limpador649,74108,9512,00770,69795,65795,65795,6510.864,545,99

XIIIMozos e pinches de 16 a 18 anos415,4649,8712,00477,33430,15430,15430,156.541,08-

XIVTraballadores en formación377,3834,9812,00424,36393,85393,85393,855.849,51-

Axuda de custo: 22,13

Media axuda de custo: 9,81

Nota: as categorías que se indican, cunha antigüidade na empresa anterior ó 7-7-1998, rexeranse para efectos económicos polos seguintes niveis: nivel VII: oficial admtvo. 2ª. Nivel VIII: auxiliar admtvo. Nivel V: encargado de taller.

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS

E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA