Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Mércores, 28 de maio de 2003 Páx. 6.887

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ASUNTOS SOCIAIS, EMPREGO E RELACIÓNS LABORAIS

RESOLUCIÓN do 10 de xaneiro de 2003, da Delegación Provincial de Ourense, pola que se dispón a inscrición, o rexistro e a publicación, no Diario Oficial de Galicia, do texto do convenio colectivo da empresa GSB Galfor, S.A. da provincia de Ourense.

Visto o texto do convenio colectivo da empresa GSB Galfor, S.A. da provincia de Ourense (código convenio nº 3200822), que tivo entrada nesta delegación provincial o día 30 de decembro de 2002, subscrito con data do 18 de decembro de 2002, dunha parte pola dirección da empresa, en representación da parte económica, e, doutra pola comité de empresa, en representación da parte social; esta delegación provincial

De conformidade co disposto no artigo 90.2º e 3º do Estatuto dos traballadores, texto refundido aprobado polo Real decreto 1/1995, do 24 de marzo, Real decreto 1040/1981, do 22 de maio, sobre rexistro e depósito de convenios colectivos de traballo e Real decreto 2412/1982, do 24 de xullo, sobre traspaso de funcións e servicios da Administración do Estado á Comunidade Autónoma de Galicia, en materia de traballo e demais normas aplicables de dereito común;

ACORDA:

Primeiro.-Ordena-la súa inscrición no libro rexistro de convenios colectivos de traballo, existente nesta delegación provincial, e notificación ás representacións económica e social da comisión negociadora.

Segundo.-Ordena-lo seu depósito no Servicio de Relacións Laborais, Unidade de Mediación, Arbitraxe e Conciliación.

Terceiro.-Dispoñe-la súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Ourense, 10 de xaneiro de 2003.

José Lage Lage

Delegado provincial de Ourense

Convenio colectivo 2002

Capítulo I

Disposicións xerais

Artigo 1º

As disposicións incluídas neste convenio regularán desde a súa entrada en vigor, e durante a súa vixencia, as relacións laborais que nel se establecen entre GSB Galfor, S.A. e o seu persoal comprendido neste convenio.

Artigo 2º

As condicións deste convenio formarán un só conxunto, polo cal non entrará en vigor ningunha das súas disposicións sen aceptación da totalidade delas.

Artigo 3º.-Ámbito de aplicación.

Este convenio afecta a todo o persoal dos grupos técnicos, administrativos, subalternos e obreiros que pertencen ó cadro de persoal desta empresa, así como ós de novo ingreso durante a súa vixencia. Queda expresamente excluído o persoal directivo a que fai referencia o artigo 7 da Lei de contrato de traballo, a teor do disposto na Lei de relacións laborais.

O comité de empresa será a única vía de negociación no relacionado con este convenio colectivo de empresa, no que afecte a todo o persoal encadrado neste convenio.

Este convenio é asinado pola dirección e polo comité da empresa.

Artigo 4º.-Ámbito temporal.

Este convenio entrará en vigor o 1 de xaneiro de 2002. Terá vixencia dun ano (do 1 de xaneiro de 2002 ó 31 de decembro de 2002).

Entenderase prorrogado tacitamente en períodos dun ano, salvo que calquera das partes o denunciase cunha antelación de tres meses, como mínimo, á data de extinción do convenio.

Artigo 5º.-Absorción e compensación de melloras.

As melloras económicas establecidas neste convenio, serán absorbibles ou compensables cos posibles aumentos de retribución que, en virtude de disposicións oficiais, puidesen efectuarse, non só por aboamento de igual natureza, senón tamén no seu conxunto.

Artigo 6º.-Repercusión de incrementos nas bases de cotización.

Se por disposicións de rango superior se elevasen as bases de cotización á Seguridade Social, a repercusión económica correspondente afectará a ámbalas partes na proporción que legalmente lles corresponda.

Capítulo II

Xornada de traballo

Artigo 7º.-Xornada de traballo.

A xornada de traballo queda establecida para este ano 2002 en 1.752 horas de traballo efectivo, de forma que a reducción de xornada que isto supón se aplica á confección do calendario favorecendo ó máximo a economía na producción. Dentro do concepto de traballo efectivo enténdese o tempo de 15 minutos de pausa do bocadillo.

Artigo 8º.-Vacacións.

Todo o persoal afectado por este convenio desfrutará dun período de vacacións de 30 días naturais (28 consecutivos e 2 que se determinarán ó establece-lo calendario laboral), con retribución correspondente a salario convenio máis a media do percibido nos últimos tres meses como complemento de posto e prima.

Vacacións de mantemento.

Dada a necesidade de realizar operacións de mantemento de cadencia anual en maquinaria e instalacións, aproveitando a parada de traballos de producción en vacacións, o cal obriga a que unha gran parte do persoal de mantemento desfrute as súas vacacións fóra do período fixado no calendario laboral, establécese a seguinte normativa aplicable ó persoal que efectivamente traballe en agosto:

-O persoal de mantemento que desfrute as súas vacacións dentro dos meses de xullo e agosto ou estea de baixa en agosto polo que obrigatoriamente as desfrute fóra deste mes, non percibirá ningún tipo de compensación.

-O persoal de mantemento que desfrute as súas vacacións nos meses de xuño ou setembro, percibirá 4,81 euros, por cada día natural das súas vacacións comprendido nun destes dous meses.

-O persoal de mantemento que desfrute as súas vacacións de xaneiro a maio (a.i.) e de outubro a decembro (a.i.) percibirá 9,62 euros por cada día natural das súas vacacións comprendido nestes oito meses.

-O persoal de mantemento que desfrute as súas vacacións en dous períodos (2+2 semanas, 3+1 semanas, 1+3 semanas), separadas alomenos por dúas semanas, percibirá, ademais da compensación que se deduza dos parágrafos anteriores, a cantidade de 48,08 euros.

-O calendario de vacacións de mantemento que se estableza, deberá cumpri-lo que en ningún momento se encontre desfrutando vacacións máis do 25% do cadro de persoal de mantemento (computado dentro de cada especialidade).

Esta porcentaxe máxima non deberá ser superada en calquera época do ano, a excepción do período fixado como vacacións no calendario laboral, no que non se establece máximo nin mínimo xa que se organizará a presencia de persoal de mantemento segundo os plans de actuación que en cada ano se fixen.

En canto ó período do seu desfrute, exclusións e excepcións a este, planificación, etc., haberase que ater ó disposto sobre a materia no Estatuto dos traballadores.

Dos traballadores que teñan que desfruta-las súas vacacións en distinto período ó fixado no calendario da empresa, terán preferencia na elección do período de vacacións os traballadores de máis antigüidade, alternándose en anos sucesivos esta preferencia de elección.

Artigo 9º.-Calendario e horario de traballo.

A partir do calendario laboral provincial, establecido pola superioridade, anualmente a dirección da empresa establecerá o calendario e horario de traballo, coa intervención que sexa preceptiva do comité de empresa e de forma que se totalicen as horas anuais correspondentes, de acordo co artigo 7.

O horario de traballo, en principio, queda establecido na forma que se expón, salvando as variacións obrigadas para o reparto das horas laborais de cada ano, ou ben polas necesidades da organización do traballo; neste caso, logo de autorización da delegación de traballo seralle anunciado oportunamente ó persoal afectado.

Persoal a quendas:

1º das 6.00 horas ás 14.00 horas.

2º das 14.00 horas ás 22.00 horas.

3º das 22.00 horas ás 6.00 horas.

Persoal de horario de día:

Das 8 horas e 15 minutos ás 16 horas e 30 minutos (de luns a venres).

Horarios especiais. En casos excepcionais, por necesidades da producción, debidos a falta de enerxía, avarías importantes, etc., poderanse establecer esporadicamente outros horarios sen variación da xornada legal pactada.

Artigo 10º.-Traballos en domingos e festivos.

O traballo en domingo e días festivos empeza a contarse desde as 24.00 horas do día anterior para todo o persoal salvo para o persoal a quendas; neste caso contarase a partir das 6.00 horas do domingo ou festivo ata as 6.00 horas do día seguinte.

Capítulo III

Organización do traballo

Artigo 11º.-Principios xerais.

A organización do traballo é facultade da dirección que a exerce directamente a través dos mandos, tendo en conta as disposicións legais vixentes.

Artigo 12º.-Documentación do traballo.

Comprende toda serie de documentos que son necesarios para reflecti-las circunstancias de tempos asignados, investidos, actividades, unidades de traballo efectuado, tempos de espera, paros concedidos, etc. Dada a transcendencia da información que figura nestes documentos para a boa marcha da empresa, a omisión, falseamento ou neglixencia na especificación destes datos, poderán ser considerados como falta grave e a reincidencia dará lugar a aplica-la máxima sanción.

Artigo 13º.-Prima de producción.

O valor hora figura no anexo VI.

Artigo 14º.-Ingreso de persoal.

O ingreso de persoal efectuarase de acordo coas disposicións legais vixentes para esta materia.

Artigo 15º.-Período de proba.

Haberá que aterse ó disposto na regulamentación laboral vixente.

Artigo 16º.-Ascensos.

Os peóns e auxiliares administrativos con máis de cinco anos ó servicio na empresa, ascenderán ás categorías de especialista e oficial 2ª administrativo, respectivamente.

Especialistas con equiparación económica a oficiais de 3ª.

Aqueles especialistas con máis de 15 anos de antigüidade na categoría, que pola súa preparación e coñecementos, habilidade e versatilidade no traballo, acreditados nas correspondentes probas de aptitude e capacitación, poderán ser equiparados economicamente a oficiais de 3ª (incluíndoos na escala 04-4).

Artigo 17º.-Mobilidade de persoal.

Haberase que ater ó establecido nas disposicións legais vixentes, aínda que nos casos en que fose

necesario efectuar mobilidade do persoal en razón da capacidade diminuída do traballador e cando esta tivese a súa orixe nalgunha enfermidade profesional ou accidente de traballo non imputable a el, ou desgaste físico natural, como consecuencia dunha dilatada vida de servicio na empresa, o traballador seguirá percibindo a retribución da súa categoría profesional.

Artigo 18º.-Cambios de quenda.

A empresa, ó acorda-los cambios de quenda de acordo coa lexislación vixente, terá en conta, ademais, o seguinte:

1. Cando haxa mutuo acordo entre empresa e productor haberase que ater ó que ámbalas partes acorden.

2. Procurarase que a quenda de noite sexa o máis restrinxida posible, de modo que se tenda á saturación do primeiro e do segundo.

3. Salvo casos excepcionais, os cambios de quenda notificaranse no taboleiro de anuncios, na tarde do penúltimo día laborable da semana.

4. O persoal operario de producción, maior de 55 anos, gozará de preferencia, sempre que sexa posible, a xuízo da dirección e do comité de empresa, en ocupar postos que traballen a dous relevos (mañá e tarde).

Artigo 19º.-Rexistros de persoal.

En canto ós rexistros de persoal, datos, publicación, etc., a empresa aterase ó especificado sobre esta materia nas disposicións legais vixentes.

Capítulo IV

Retribucións do persoal

Artigo 20º.-Política de salarios.

GSB Galfor, S.A., establece que a remuneración do seu persoal ten unha relación directa coa categoría profesional, e coa actividade con que desempeña as funcións encomendadas.

Polo tanto, a retribución normal está composta dunha parte fixa e outra variable.

A parte fixa vén determinada pola categoría profesional á que se asigna o número correspondente á escala e grupo que a define.

Todo o persoal da empresa está clasificado e ten asignado o número correspondente á súa categoría.

A parte variable corresponde fundamentalmente ás retribucións en concepto de prima de producción e/ou productividade e son devengadas en función da actividade individual ou colectiva desenvolvida na execución das tarefas. Tódalas percepcións que por calquera concepto estivesen establecidas con anterioridade a este convenio, serán compensables e absorbidas coa retribución anual que se establece nel.

Artigo 21º.-Enumeración das distintas retribucións.

Son:

a) Salario base.

a.1. Xornais e soldos.

b) Complementos persoais.

b.1. Complemento de antigüidade.

b.2. Complemento de distancia.

b.3. Complemento de asistencia e puntualidade.

b.4. Complemento persoal e/ou especial.

c) Complementos de posto de traballo.

c.1. Complemento de posto ou responsabilidade.

c.2. Complemento de nocturnidade.

c.3. Complemento de xefe de equipo.

c.4. Complemento de quendas especiais.

d) Complementos por calidade ou cantidade de traballo.

d.1. Complemento convenio.

d.2. Primas de producción e/ou productividade.

d.3. Horas extraordinarias.

e) Vencemento período superior ó mes.

e.1. Gratificacións de xullo e Nadal.

Pola índole do traballo desenvolvido nesta empresa, o concepto de penosidade, toxicidade e perigosidade, está incluído na valoración de postos de traballo que serviu para establece-los importes do complemento de posto ou responsabilidade, recollidos no anexo III.

Artigo 22º.-Salario base e complemento.

Nos anexos II e IV recóllense os xornais e soldos base (a.1), nos que quedan incluídas as gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal (e.1), correspondentes para este convenio, ás categorías profesionais definidas no anexo I.

Artigo 23º.-Complemento de antigüidade.

Por cada quinquenio a percepción consistirá nun seis por cento do xornal ou soldo base máis complemento, isto é, do soldo convenio.

Artigo 24º.-Complemento de distancia.

Establécese na contía de 11,44 euros/mes por traballador, por once meses e proporcionalmente ós días traballados.

Artigo 25º.-Complemento de asistencia e puntualidade.

Establécese para todo o persoal, un complemento de asistencia e de puntualidade de 12,20 euros mensuais que, en caso de falta de puntualidade ou asistencia durante un, dous ou tres días ó mes, queda reducido a 8,14, 4,07 ou 0 euros, respectivamente.

Artigo 26º.-Complemento de posto ou responsabilidade.

No anexo III establece o valor por hora efectiva no posto para o complemento de posto, e no anexo V o valor mes do complemento de responsabilidade para cada unha das categorías establecidas no anexo I.

Artigo 27º.-Complemento de nocturnidade.

O complemento de nocturnidade aboarase polo 35% do soldo convenio correspondente á totalidade da xornada, cando se traballase durante o período nocturno máis de catro horas e proporcionalmente ás horas traballadas no caso de que no período nocturno de traballo sexa máis dunha hora, sen exceder de catro. Para este efecto considérase como período nocturno o comprendido entre as 22.00 e as 6.00 horas.

Artigo 28º.-Complemento de xefe de equipo.

Aboarase o 20% do soldo convenio da categoría correspondente.

Artigo 29º.-Complemento de coordinador.

Establécese un complemento por responsabilidade ó persoal que realice as funcións de coordinador. A contía do complemento é de 64,19 euros (14 pagas).

Artigo 30º.-Complemento de quendas especiais.

Todo traballador que, de común acordo coa empresa, realice quendas en que o horario non coincida cos habituais, percibirá un complemento equivalente ó 30% do seu soldo convenio.

Artigo 31º.-Complemento de horas extraordinarias.

En materia de horas extraordinarias, haberase que ater ó disposto nas normas legais aplicables en cada momento. A remuneración económica figura no anexo VII.

A empresa facilitaralle trimestralmente ó comité de información sobre as horas extraordinarias realizadas.

Ante a grave situación de paro existente e co obxecto de favorece-la creación de emprego, ámbalas dúas partes acordan a conveniencia de reducir ó mínimo as horas extraordinarias, de acordo cos seguintes criterios.

1. Horas extraordinarias habituais: suprimilas.

2. Horas extraordinarias motivadas por forza maior, as que veñan esixidas pola necesidade de reparar sinistros e outros danos extraordinarios e urxentes, así como en caso de risco de perda de materias primas: realizalas.

3. Horas extraordinarias estructurais: mantelas.

Co fin de clarifica-lo concepto de horas extraordinarias estructurais, entenderanse como tales as necesarias por pedidos imprevistos ou períodos punta de producción, ausencias imprevistas, cambios de quenda ou outras circunstancias de carácter

estructural derivados da actividade de que se trate, sempre que non poidan ser substituídas pola utilización das distintas modalidades de contratación previstas legalmente.

A cotización por horas extraordinarias motivadas por causa de forza maior e polas estructurais, realizarase de acordo co previsto no parágrafo 2º do artigo 7 do Real decreto 92/1983, do 19 de xaneiro, e Orde do 1 de marzo de 1983.

Tamén, en relación co obxectivo de estimula-la creación de emprego a través da reducción de horas extraordinarias, as partes coincidiron na importancia do estricto cumprimento do artigo 35 do Estatuto dos traballadores.

A dirección da empresa informará semanalmente ó comité de empresa sobre o número de horas extraordinarias realizadas, especificando as causas e, se é o caso, a distribución por seccións. Así mesmo, en función desta información e dos criterios máis arriba sinalados, a empresa e os representantes legais dos traballadores determinarán o carácter e a natureza das horas extraordinarias.

A iniciativa do traballo en horas extraordinarias, corresponderalle á dirección da empresa e á libre aceptación ó traballador, agás que exista acordo previo pactado ou sexan de obrigada realización segundo a lexislación vixente.

O persoal que realice horas extraordinarias poderá substituír, mediante acordo previo coa dirección da empresa, a remuneración económica das ditas horas por un descanso equivalente ó dobre das horas extraordinarias realizadas.

Artigo 32º.-Complemento de mantemento preventivo.

Concédese un complemento especial por responsabilidade ó persoal de mantemento que cubra as quendas de mantemento preventivo, sempre que realicen esas funcións e proporcionalmente ós días de presencia.

A contía deste complemento será de 46,71 euros mensuais, durante doce meses ó ano (incluído o período de vacacións).

Nos casos en que por enfermidade ou outra causa, o posto fose ocupado por un suplente, o dito complemento pasará a este durante o tempo en que desempeñe o dito posto.

Artigo 33º.-Gratificacións extraordinarias.

Aboaránselles a tódolos productores dúas gratificacións equivalentes, cada unha delas, a un mes de salario convenio, complemento de posto ou de responsabilidade e antigüidade. Estas gratificacións están incluídas dentro do salario bruto anual, recollido para cada categoría nos anexos II e IV.

As datas de aboamento serán as regulamentarias nos dous casos citados.

Capítulo V

Artigo 34º.-Excedencias.

Teñen dereito a que se recoñeza a posibilidade de situarse en excedencia voluntaria co alcance, limitacións, incompatibilidades e demais circunstancias que se establecen no Estatuto dos traballadores e demais disposicións legais vixentes, aqueles traballadores que leven un mínimo dun ano consecutivo ó servicio da empresa, non podendo insta-la nova solicitude, por outra soa vez, ata que transcorresen outros dous anos contados desde o termo da anterior.

A duración da excedencia, poderá ser entre tres meses e cinco anos.

A petición da excedencia formularase por escrito, tendo que ser resolta ós 15 días da súa formulación.

A concesión de excedencia será obrigatoria ou forzosa, cando teña por orixe o desempeño, polo productor, dun cargo de carácter público, que imposibilite a asistencia ó traballo. Neste caso, a dita excedencia dará dereito ó productor á conservación do posto e da antigüidade, e o reingreso deberá ser solicitado dentro do mes seguinte ó cesamento no cargo público.

Así mesmo, poderán solicita-lo seu paso a situación de excedencia na empresa, os traballadores que exerzan funcións sindicais de ámbito provincial ou superior, mentres dure o exercicio do seu cargo representativo.

O traballador excedente, conserva só un dereito preferente ó reingreso nas vacantes de igual ou similar categoría á súa que houbera ou se produciran na empresa. Sen prexuízo dos dereitos legais de cada traballador, o comité de empresa, valorando en cada momento a situación global de excedencias, decidirá, conxuntamente coa dirección, sobre o reingreso dos posibles solicitantes.

A dirección de persoal informará ó comité de empresa de tódalas peticións de excedencia que se formulen por parte dos traballadores.

Non poderá acollerse ós beneficios estipulados neste artigo, o persoal que teña contrato de duración determinada.

Artigo 35º.-Permisos retribuídos.

A empresa concederá permiso retribuído, con aboamento do salario convenio, máis antigüidade e complemento de posto ou responsabilidade, nos seguintes casos, sempre que estes sexan xustificados.

-Matrimonio: 15 días naturais.

-Parto esposa: tres días naturais, cun mínimo de dous días laborables.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de cónxuxe, fillos, pais ou irmáns: tres días naturais ou seis medias xornadas consecutivas.

-Enfermidade grave ou intervención cirúrxica grave de netos, avós ou pais políticos: dous días naturais.

-Morte do cónxuxe ou fillos: catro días naturais cun mínimo de dous días laborables.

-Morte de pais, irmáns, netos, avós ou pais políticos: tres días naturais.

-Morte de irmáns políticos ou fillos políticos: dous días naturais.

-Morte do irmán do pai ou do da nai do traballador: un día natural.

-Matrimonio de irmáns ou fillos: un día natural.

-Traslado do seu domicilio habitual: un día natural.

No caso de que o feito causante ocorrese fóra da provincia, correspondería un día natural máis.

O permiso unicamente poderá utilizarse no momento de producirse o feito causante.

-Por asuntos propios: tres días laborables, non consecutivos, ó ano, sen retribuír e sempre que sexan debidamente xustificados.

Artigo 36º.-Incapacidade laboral transitoria.

O traballador que cause baixa por accidente percibiría o 100 por 100 do salario convenio. En baixa por enfermidade, a percepción correspondente será o 75% del e a partir dos dous meses, percibirá o 100 por 100, logo de conformidade de dirección e comité de empresa. Así mesmo, percibirá estas mesmas porcentaxes sobre o complemento de posto ou responsabilidade.

Cando o absentismo total, deducido ou xerado por traballadores con ILT de longa enfermidade (superior a 100 días) e o correspondente a permisos retribuídos reflectidos no artigo 37, ou permisos concedidos previamente, sexa igual ou inferior ó 4,5% computado por meses naturais, no conxunto do persoal semanal, os traballadores semanais ou mensuais en baixa por enfermidade, percibirán, a partir do quinto día de baixa, o 100% do salario ou soldo convenio e o complemento de posto ou responsabilidade. Para estes efectos a aplicación será en función do absentismo correspondente a cada mes no que estea de baixa.

Por outra parte, en casos particulares e considerando o informe médico correspondente, poderá acordarse o aboamento ó traballador do 25% non percibido durante os dous primeiros meses.

Pagamento de prima en casos de ILT.

a) Baixa por accidente.

O traballador, durante o tempo que estea de baixa, percibirá o 75% da prima.

b) Baixa por enfermidade.

-Os tres primeiros días da baixa non ten dereito a prima.

-Desde o cuarto día da baixa ata o vixésimo día de baixa, percibirá o 60% da prima correspondente ó mes en que se encontre de baixa.

-Desde o 21 día de baixa, en adiante, percibirá o 75% da prima correspondente ó mes en que se encontre de baixa.

Artigo 37º.-Promoción profesional.

A empresa establecerá cursos de formación co fin de adecua-los coñecementos dos seus traballadores ante a crecente evolución tecnolóxica.

A través dos oportunos centros de formación profesional, realizaranse cursos de formación e perfeccionamento dos traballadores con carácter gratuíto, para consegui-la promoción profesional e a capacitación social, téndose en conta como mérito, ter superados estes cursos para os ascensos e a provisión de vacantes que se produzan no cadro de persoal da empresa.

A empresa outorgaralles ós traballadores que realicen estudios para a obtención dun título profesional, permisos para exames que terán carácter de retribuídos, logo de xustificación de asistencia a eles.

Perderán este dereito os que sexan suspendidos na metade das disciplinas en que se encontrasen matriculados, considerando como suspensos para estes efectos, aquelas nas que non se presentasen a exame.

A non aprobación dunha mesma disciplina en dúas convocatorias, producirá igualmente a privación destes beneficios.

Naqueles casos que non estean recollidos neste convenio, haberase que ater ó disposto na lexislación vixente.

Capítulo VI

Asistencia social

Artigo 38º.-Seguro de vida.

A empresa concerta un seguro de vida en beneficio do seu persoal e é pola súa conta o pagamento da totalidade da prima.

A póliza cobre, a partir do 10-11-02, os capitais que figuran no seguinte cadro:

Accidente laboral Natural

ou non laboralou enfermidade

Morte18.03118.031

Invalidez absoluta e permanente18.03118.031

Incapacidade profesional total e permanente33.05533.055

O comité de empresa será o depositario dunha copia de ámbalas pólizas para xeral coñecemento dos dereitos, limitacións e exclusións que nelas se recollen.

Artigo 39º.-Xubilación.

Os traballadores de alta na empresa o día 15 de novembro de 2002, nados con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1948 e que polas súas circunstancias persoais poidan voluntariamente acceder á xubila

ción parcial ós 60 anos, seralles de aplicación, se así o manifestasen por escrito, o contrato de relevo a que se refire o punto 6º do artigo 12 do Estatuto dos traballadores.

As partes manifestan, así mesmo, a vontade de continuar con esta política de rexuvenecemento do cadro de persoal a partir do 1 de xaneiro de 2008, polo que, e atendendo en cada momento ás circunstancias de mercado, poderían seguir acolléndose á xubilación parcial os traballadores que as súas circunstancias persoais o permitisen, tendo preferencia as persoas de alta o día de hoxe, 7 de novembro de 2002, que cotizasen ó réxime xeral da Seguridade Social con anterioridade ó 1 de xaneiro de 1967.

Artigo 40º.-Axuda escolar.

A empresa concederá 27.985 euros, anualmente, en cada mes de setembro, que se distribuirán en bolsas entre os fillos dos traballadores segundo acorde o comité de empresa.

Artigo 41º.-Prestación por nupcialidade.

O persoal fixo da empresa que contraia matrimonio percibirá un premio de nupcialidade de 120 euros.

Artigo 42º.-Prestación por natalidade.

O persoal fixo percibirá por aumento de familia un premio de natalidade de 60 euros por cada fillo nado.

Artigo 43º.-Axuda para comedor.

O persoal con horario das 8.15 horas ás 16.30 horas que xante no comedor da empresa percibirá, por cada día de traballo e xantar realizado, unha axuda do 50% do seu importe.

O persoal a quendas, de mañá e tarde, terá por cada día de traballo (luns a venres) unha subvención de 1,05 euros para bocadillo.

Artigo 44º.-Fondo social.

Existe un fondo social para casos de especial necesidade, a aplicación e desenvolvemento do cal está acordado entre a dirección e o comité de empresa.

Regulamento do fondo social da empresa.

Informado polo principio de solidariedade, créase un fondo social a favor do persoal de GSB Galfor, S.A. que se estenderá, tanto á creación de prestacións que contribúan a remediar necesidades, como ó establecemento de medios que tendan ó maior benestar dos traballadores.

Prestacións:

As prestacións obxecto do fondo social poden resumirse, en principio, nos seguintes puntos:

a) Axudas a deficientes físicos ou psíquicos.

b) Enfermidade.

c) Falecementos.

d) Outros.

Poderán aplicarse estas prestacións:

a) No caso de que un empregado de GSB Galfor, S.A., o seu cónxuxe ou fillos e outros familiares que,

residindo co empregado, estean incluídos na súa cartilla da Seguridade Social como beneficiarios, teñan necesidade dalgunha educación especial, adquisición dalgún medio para atender a estas persoas, tal como, cadeira de rodas, membros ortopédicos, ortodoncias, dentaduras postizas e calquera efecto destes que non cubra a Seguridade Social. Despois de realiza-las dilixencias oportunas para o seu pagamento pola Seguridade Social, subvencionaranse na porcentaxe estimada en cada caso pola comisión de xestión e control do fondo social.

b) Cando un empregado de GSB Galfor, S.A., ou de calquera das persoas enumeradas anteriormente, que cumpran cos requisitos esixidos de convivencia e inclusión como beneficiarios da Seguridade Social na cartilla do empregado, se atopen aquexados dalgunha enfermidade ou dolencia grave, poderán ser axudados economicamente polo fondo social, en casos moi especiais e sempre que se estime conveniente, tendo en conta as circunstancias especiais que concorran para cada caso e o informe do servicio médico.

Así mesmo, calquera das persoas anteriormente enunciadas, que por motivos de saúde teña necesidade urxente de realizar algunha intervención fóra da provincia de Ourense, ben sexa a través da Seguridade Social ou en clínica privada, poderase conceder un anticipo con cargo ó fondo social, que terá que devolver en caso de que o importe da operación e gastos lle fosen aboados pola Seguridade Social.

Se lle fosen denegados, a comisión de xestión e control, á vista da documentación presentada (solicitude de reclamación de operación e gastos á Seguridade Social e denegación desta solicitude), acordará a subvención que se vai conceder, debendo o interesado devolver ó fondo social a parte do anticipo que non lle fose subvencionada polo fondo social, podendo reintegralo en períodos mensuais, o importe dos cales se establecerá de común acordo coa comisión de xestión e control do fondo social.

É requisito imprescindible para ter dereito a estas axudas contar coa autorización previa do fondo social.

c) En casos de falecemento de calquera das persoas enumeradas nos dous grandes apartados anteriores, poderá utilizarse deste fondo para gastos de esquelas, coroas, etc.

d) Neste capítulo preténdense incluír unha serie de prestacións, tal como casos de sinistros, actividades culturais e deportivas, etc., que en cada caso será valorada pola comisión de xestión e control, atendendo ó seu interese, necesidade e xustiza, en evitación de planteamentos que se contradigan co espírito e función para o cal fondo foi creado.

d.1. Para os traballadores que, gañando menos de tres millóns de pesetas brutas ó ano, teñan fillos cursando estudios maiores fóra da provincia e xustifiquen ter obtido unha nota media de notable, como mínimo, durante o curso anterior.

d.2. Axudar a todos aqueles empregados ou fillos de empregados da empresa que estean realizando calquera clase de estudio, sempre que demostre un bo aproveitamento destes (nota media de notable).

Así mesmo, establécese un premio consistente nun obxecto de regalo para tódolos traballadores que se xubilen na empresa, como agradecemento ós servicios prestados.

d.3. Atender calquera gasto ou investimento que beneficie directamente á totalidade dos empregados da empresa.

Financiamento.

O réxime de financiamento do fondo social será por conta da empresa e tódolos traballadores fixos dela na relación 2/3 por conta da empresa e 1/3 por conta dos traballadores. Estas cantidades de diñeiro iranse ingresando periodicamente na conta que posúe o fondo social nunha entidade bancaria. Igualmente pasarán a incrementar este fondo os importes dos capitais garantidos no seguro de vida, nos casos de invalidez permanente total, a causa de accidente ou enfermidade, cando o traballador optase por continuar na empresa (acta da reunión do comité de empresa de data 17-6-1982).

Acórdase con validez para o ano 2002 a achega, exclusivamente por parte da empresa, de 5.409 euros/ano, a razón de 601 euros/mes, durante os meses de abril a decembro a.i.

Administración.

O fondo social será administrado por unha comisión de xestión e control.

Serán compoñentes desta comisión:

-2 membros da dirección da empresa.

-1 membro do servicio médico.

-3 membros do comité de empresa.

Esta comisión de xestión e control terá como funcións específicas as seguintes:

1. Administra-los fondos sociais.

2. Estudiar e resolve-los casos concretos de peticións e axudas.

Reunións da comisión.

A comisión de xestión e control do fondo social de GSB Galfor, S.A. reunirase sempre que o solicite algún dos seus membros, para coñecer, estudiar e resolver cantas axudas e peticións lle fosen solicitadas e, excepcionalmente, cando exista algún feito ou razón que o xustifique.

Os acordos desta comisión decidiranse sempre pola maioría do número de concorrentes de cada reunión, sendo, en caso de empate, a dirección da empresa e o comité de empresa, quen resolva o que estime máis conveniente, tendo a súa resolución carácter vinculante.

Estes acordos serán comunicados ó comité de empresa en pleno para o total coñecemento de tódo

los seus membros, alomenos unha vez cada tres meses.

Solicitude de axudas.

O persoal fixo da empresa poderá solicitar axudas para os casos anteriormente referidos ou para outros de similar natureza.

Cando o estime conveniente, a comisión de xestión poderá recadar de cada peticionario cantos documentos e informes considere oportunos para un mellor coñecemento do caso proposto.

As prestacións ou axudas económicas concedidas, deberán ser xustificables da súa íntegra aplicación ó caso solicitado.

Tódalas axudas terán o carácter de graciables e serán concedidas de acordo co saldo dispoñible que haxa en cada momento.

Capítulo VII

Artigo 45º.-Incremento sobre táboas salariais.

Acórdase un incremento proporcional do 2,7% que aparece aplicado sobre o salario ou soldo convenio (anexos II e IV), complemento de posto ou responsabilidade, prima e horas extras (anexos III, V, VI e VII).

Este incremento queda condicionado pola acta de data 24 de xullo de 2002.

Capítulo VIII

Artigo 46º.-Seguridade e saúde.

A vixilancia de seguridade e saúde é competencia do comité de seguridade e saúde, o cal poderá suspende-la prestación de traballo dos traballadores afectados por riscos de accidente, mediante a comunicación á dirección e comité da empresa e á autoridade laboral.

O número de compoñentes do comité de seguridade e saúde será paritario na contía determinada polo número de delegados de prevención.

Os compoñentes da parte social do comité de seguridade e saúde serán os delegados de prevención, designados por e entre os membros do comité de empresa e delegados sindicais.

Artigo 47º.-Comité de empresa e seccións sindicais.

Recoñeceranse os dereitos e as garantías establecidos pola lei en favor dos membros do comité de empresa.

Quedan recoñecidas as seccións sindicais da empresa que cumpran as seguintes condicións:

a) Corresponder a centrais sindicais legalizadas.

b) Que agrupen un número de traballadores equivalentes, como mínimo, ó 10% do cadro de persoal da empresa ou ó 15% da representatividade.

Tanto o comité de empresa como as seccións sindicais, que cumpran coas condicións mencionadas, disporán de taboleiro de anuncios para as súas publi

cacións de notas de carácter laboral ou sindical de índole xeral.

Para a publicación de notas relacionadas directamente coa empresa, deberán contar con autorización previa da dirección.

Os membros do comité de empresa desfrutarán de 40 horas mensuais, retribuídas, para o desempeño das súas funcións de representación.

Poderanse acumula-las horas sindicais nun membro do comité de empresa, afiliado a centrais, para a súa utilización en actividades sindicais.

Así mesmo, as centrais sindicais que agrupen alomenos o 10% do cadro de persoal da empresa, ou o 15% da representatividade, terán dereito a un delegado sindical que deberá ser traballador en activo, desfrutando igualmente de 40 horas mensuais, retribuídas, para o desempeño das súas funcións.

Poderán reunirse nos locais da empresa e fóra das horas de traballo, os traballadores afiliados e con asistencia de dirixentes do sindicato, logo de aviso á dirección da empresa, quen en función das circunstancias determinará os locais máis adecuados para o correcto desenvolvemento da dita reunión.

Por petición expresa do traballador afiliado a centrais sindicais legalmente constituídas e que teñen a representación a que se refire este artigo, a empresa descontará, na nómina mensual, o importe da cota sindical correspondente.

O traballador interesado na realización de tal operación, remitiralle á dirección de persoal un escrito no que se expresará con claridade, a orde do desconto, a central sindical ou sindicato a que pertence e a contía da cota. A empresa efectuará as anteditas detraccións, agás indicación en contrario, durante períodos dun ano.

En caso de medidas disciplinarias contra membros do comité ou seccións sindicais, actuarase de acordo coa lei, informando simultaneamente o comité de empresa.

Artigo 48º.-Bilingüismo.

Os informes de carácter xeral que sexan publicados no taboleiro de anuncios da empresa expresaranse nos dous idiomas oficiais, castelán e galego.

Artigo 49º.-Comisión mixta paritaria.

A comisión mixta paritaria será un órgano de interpretación, conciliación, arbitraxe e vixilancia do cumprimento deste convenio na empresa. As súas funcións específicas serán as seguintes:

a) Interpretación auténtica do convenio.

b) Arbitraxe dos problemas ou cuestións que sexan sometidas por ámbalas partes, de común acordo, en asuntos derivados deste convenio.

c) Entender en cantas outras cuestións tendan á maior eficacia práctica do convenio.

En caso de non haber acordo, a acta reflectirá os diferentes puntos de vista. En ámbolos casos, o dictame da comisión servirá de informe e ase

soramento á dirección da empresa e ós traballadores afectados. A dirección da empresa resolverá o que considere conveniente no prazo de oito días, e notificarállelo a aqueles por se deciden acudir, coa súa reclamación, ante a autoridade laboral competente.

A comisión mixta paritaria comporase de oito vocais, catro da parte económica e catro da parte social, así como dous vocais suplentes por cada unha das citadas partes, segundo a relación nominal anexa.

A comisión, en primeira convocatoria, non poderá actuar sen a presencia de tódolos vocais, previamente convocados e, en segunda convocatoria, o seguinte día hábil, actuará cos que asistan, tendo voto inicialmente un número paritario de vocais presentes, sexan titulares ou suplentes.

A comisión mixta, de común acordo, poderá utiliza-los servicios ocasionais ou permanentes de asesores en cantas materias sexan da súa competencia.

A comisión reunirase por instancia de calquera das partes, que se porán de acordo sobre o lugar, día e hora en que deberá ter lugar a reunión.

As resolucións ou acordos adoptados por unanimidade pola comisión mixta terán carácter vinculante.

Ámbalas partes conveñen en dar coñecemento á comisión mixta de cantas dúbidas, discrepancias e conflictos puidesen producirse como consecuencia da interpretación e aplicación do convenio.

Artigo 50º.-Competencias do comité de empresa.

Sen prexuízo dos dereitos e facultades concedidos polas leis, recoñécenselle ó comité de empresa as seguintes funcións:

Ser informado pola dirección da empresa:

a) Mensualmente sobre a marcha das principais magnitudes da explotación, a saber:

-Horas traballadas, normais e extraordinarias.

-Absentismo.

-Accidentes de traballo.

-Producción.

-Vendas.

-Facturación.

b) Trimestralmente sobre:

-Evolución xeral do sector e dos negocios.

-Carteira de pedidos.

-Programa de producción.

-Evolución de emprego.

c) Anualmente:

A mesma información, cos mesmos documentos, posta á disposición dos accionistas, fundamentalmente:

-Memoria.

-Balance.

-Conta de resultados.

d) Tamén serán informados, sen periodicidade determinada, cando se produzan feitos de importancia para a empresa en xeral e os traballadores en particular.

-Ser informado das sancións e medidas disciplinarias impostas por faltas graves, pola empresa, a calquera traballador.

Os membros do comité de empresa e este no seu conxunto, observarán sixilo profesional en relación coa información recibida, mesmo despois de deixar de pertencer ó comité de empresa e, en especial, en todas aquelas materias sobre as que a dirección sinale expresamente o carácter reservado. En todo caso, ningún tipo de documento entregado pola empresa ó comité poderá ser utilizado fóra do estricto ámbito daquela e para distintos fins dos que motivaron a entrega.

Capítulo IX

Artigo 51º.-Cláusula adicional primeira.

Conscientes, ámbalas partes, de que as melloras recollidas neste convenio e as que se poidan pactar no futuro, só se poderán manter e mellorar, de acordo coa rendibilidade da empresa, a parte social comprométese coa dirección a colaborar estreitamente na reducción de desviacións internas, reducción do absentismo, mellora de actividades e de calidade e, en xeral, en todo canto poida significar un mellor rendemento da empresa.

Artigo 52º.-Cláusula adicional segunda.

En todo o non previsto neste articulado, haberase que ater ó establecido na lexislación laboral vixente.

ANEXO I

Correspondencia entre escalas convenio

e categorías profesionais

Obreiros.

EscalaCategoría

O 3Peóns

O 4Especialistas

O 5Oficiais de 3ª

O 6Oficiais de 2ª

O 7Oficiais 1ª

Empregados.

EscalaCategoría

E 5Auxiliares administrativos e de organización

E 7Oficiais de 2ª administrativos

E 8Técnicos de organización 2ª, delineantes 2ª

E 9Oficiais 1ª administrativos

E 10Técnicos de organización 1ª, delineantes 1ª

E 11Delineantes proxectistas

EscalaCategoría

E 12Encargados

E 13Mestres de taller e xefes de 2ª administ. e de organización

E 14Xefes de taller e xefes 1ª administ. e de organización

E 15Titulados

ANEXO II

Táboa salarial de obreiros

(xornal base+complemento convenio)

Escala

Grupo

Percepción bruta anual

(incluídas gratificacións

extraordinarias de xullo e Nadal)

03 (Peóns)1

2

3

8.572,94

8.965,83

9.358,74

04 (Especialistas)1

2

3

9.555,18

9.948,10

10.341

05 (Oficial 3ª)1

2

3

10.537,46

10.733,89

10.930,35

06 (Oficial 2ª)1

2

3

11.126,82

11.323,26

11.716,18

07 (Oficial 1ª)1

2

3

11.912,63

12.403,75

12.894,89

ANEXO III

Complemento de posto

Táboa salarial de obreiros

(Sobre horas de traballo efectivo. Nas gratificacións extraordinarias de xullo e Nadal e mes de vacacións, aboarase a media das percepcións por este concepto nos tres meses anteriores).

NivelPosto de traballoA/hora 2002

1Persoal de forxa M.O.D.1,13

2

Ferreiro

Soldadores de matricería

Repaso en acabados UP1, grandes pezas

0,98

3

Persoal de corte

Repaso pezas en acabados

Mantemento preventivo

Oficiais mecánicos e electricistas de mantemento

Montaxe ferramental

0,90

4Resto persoal de mantemento0,84

5

Xefes de equipo de T. térmicos e acabados

Xefes de equipo de matricería

Axustadores

Coordinadores de mecanización

0,80

6Resto persoal acabados0,77

7

Resto persoal de matricería

Resto T. térmicos (todos excepto X. equipo)

Expedicións

Persoal de mecanización

0,73

8Laboratorio0,69

9Limpeza0,64

ANEXO IV

Soldo convenio

Táboa salarial de empregados

(soldo base+complemento convenio)

Escala

Grupo

Percepción bruta anual

(incluídas gratificacións

extraordinarias de xullo e Nadal)

E 5 (aux. adm. e de organiz.)1

2

3

9.751,64

9.948,10

10.144,56

E 7 (ofic. 2ª administrativo)1

2

3

10.537,46

11.323,26

11.716,18

E 8 (T. org. 2ª, dte. 2ª e anal. 2ª)1

2

3

10.930,35

11.323,26

11.716,18

E 9 (of. 1ª administrativo)1

2

3

11.912,63

12.403,75

12.894,89

E 10 (T. org. 1ª, dte. 1ª e anal. 1ª)1

2

3

11.912,63

12.403,75

12.894,89

E 11 Delineante proxectista1

2

15.645,23

16.974,36

E 12 (Encargados)1

2

3

14.865,55

15.381,82

15.884,04

E 13 (X. adm. 2ª e X. org. 2ª, mestre taller)1(*)

2

3

14.270,06

16.057,15

16.559,33

E 14 (Xefe adm. 1ª e xefe taller)116.974,36

E 15 (Titulado)1

2

3

11.360,25

17.143,78

18.423,37

(*) O nivel E 13-1 só para xefes de 2ª administrativos e de organización.

ANEXO V

Complemento de responsabilidade

EscalaMensualTotal anual

E 5 81,641.142,96

E 7 100,551.407,70

E 8 100,551.407,70

E 9 116,441.630,16

E 10116,441.630,16

E 11173,122.423,68

E 12158,992.225,86

E 13166,052.324,70

E 14173,122.423,68

E 15180,182.522,52

ANEXO VI

Prima individual

Establécese o novo sistema de primas fixas por departamentos coas seguintes cantidades por hora traballada:

Corte: 1,46 A/hora.

Forxa: 2,15 A/hora.

Térmicos: 1,56 A/hora.

Acabados: 1,46 A/hora.

Mecanización: 1,46 A/hora.

Mantemento: 1,43 A/hora.

Matricería: 1,36 A/hora.

Indirectos: 1,12 A/hora.

Semidirectos segundo os seguintes casos:

SecciónPostoEuros/hora

CorteEncargado1,46

ForxaXefe fabricación1,86

LaboratorioAseguramento calidade1,40

LaboratorioLaboratorio1,40

VendasExpedicións1,40

MantementoMestre de taller1,79

MatriceríaXefe de fabricación1,79

MecanizaciónResp. departamento1,86

MontaxeMontaxe1,73

ForxaFerreiro1,73

Trat. térmicosResponsable T.T.1,86

ANEXO VII

Táboa valor horas extraordinarias

Categorías

Grupo

Primeiras dúas

horas días

laborables

A partir da 3ª en día laborable, e de sábadoNocturnas

e festivas

03 Peóns16,496,918,68
26,877,299,10
37,157,599,46

04 Especialistas17,337,819,73
27,658,1710,16
37,928,4610,60

05 Oficiais 3ª18,098,6510,81
28,238,8311
38,448,9711,21

06 Oficiais 2ª18,589,1711,41
28,739,3111,67
38,889,4611,83

07 Oficiais 1ª19,069,6612,10
29,229,8812,30
39,3810,1112,47

E 12 Encargados110,8011,6714,41
211,5912,5215,44
312,3913,3616,52

E 13 Xefe adm. 2ª, xefe org. 2ª, mestre

taller

1

2

3

11,11

11,93

12,72

11,97

12,84

13,70

14,82

15,86

16,93

ANEXO VIII

Compoñentes da comisión mixta paritaria

De acordo co establecido no artigo 49 deste convenio, quedan designados vocais da comisión mixta paritaria, os seguintes membros:

Pola dirección da empresa:

Javier Zabala Fernández.

Fernando Vázquez Fernández.

Marcos Echeita Sarrionandía.

José Luís Prado Fernández.

Roberto Álvarez Merino (suplente).

Por representación dos traballadores:

José Luís Lobato Martínez.

José Eugenio Lorenzo Alcalde.

Inocencio Quevedo Gómez.

Manuel González Quiroga.

Ignacio Domínguez Carballo (suplente).

Antonio Dabouza Dafonte (suplente).

Polo comité:

José Luis Lobato Martínez.

José E. Lorenzo Alcalde.

Juan A. García Conde.

Ignacio Domínguez Carballo.

Manuel González Quiroga.

José Mª Concheiro Martínez.

Antonio Dabouza Dafonte.

Epifanio Dafonte Casares.

Inocencio Quevedo Gómez.

Dario González Fontán.

Perfecto Álvarez Fernández.

Pedro Ortiz Armesto.

Manuel Alonso Rodríguez.

Pola empresa:

Javier Zabala Fernández.

José Luis Prado Fernández.

Este convenio foi asinado pola dirección da empresa e a representación dos traballadores, en Ourense, dezaoito de decembro de dous mil dous.