Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.862

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE SANDIÁS

EDICTO.

Resolución do 11 de abril de 2003, do Concello de Sandías (Ourense), pola que se lle dá publicidade ó acordo do 11 de febreiro de 2003, da Dirección

Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, no que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de cebadeiro de porcino, promovido por Hipólito Traveso Gómez e outros.

Visto o artigo 4.7º do Decreto 442/1990, do 13 de setembro (DOG nº 188, do 25 de setembro), de avaliación ambiental para Galicia, a alcaldesa do Concello de Sandiás

RESOLVE:

Darlle publicidade, mediante a presente publicación, ó acordo do 11 de febreiro de 2003, da Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, polo que se formula a declaración de impacto ambiental do proxecto de explotación de cebadeiro de porcino situado no concello de Sandiás (Ourense), promovido por Hipólito Traveso Gómez e outros.

A mencionada declaración refírese a unha explotación de cebadeiro de porcino, cunha capacidade de 3.000 animais. A superficie construída total será de 2.740 m. Proxéctase a construcción dunha nave de 182,15x15 metros. Os anexos serán unhas oficinas, aseos, fosas de cadáveres e fosa de xurros, e encóntranse á disposición de calquera interesado nas oficinas municipais do concello.

Sandías, 24 de abril de 2003.

Mª Concepción Méndez Gándara

Alcaldesa