Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.861

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE RIBEIRA

ANUNCIO.

Neste concello tramítase expediente para a normalización de predios, a teor do que dispón o artigo 122 da Lei 9/2002, do solo de Galicia, do 30 de decembro, respecto ó Plan Xeral de Ordenación Municipal aprobado definitivamente en sesión do día 17 de decembro de 2002, en cumprimento do convenio urbanístico asinado por este concello, denominado O Rueiro, o día 7 de novembro de 2000, e elevado a escritura pública o día 19 de febreiro de 2003, ante o notario desta cidade, Óscar Manuel López Doval, no que recaeu aprobación inicial da Alcaldía deste concello, por Decreto do 9 de maio de 2003.

O que se fai público para xeral coñecemento, coa advertencia de que este expediente se somete a información pública por espacio de 20 días, contados desde o día seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, na secretaría xeral deste concello, co obxecto de que as persoas que así o desexen poidan face-las alegacións que estimen pertinentes.

Ribeira, 9 de maio de 2003.

Juan Miguel Fernández Pérez

Alcalde accidental