Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.850

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE FAMILIA, XUVENTUDE E VOLUNTARIADO

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia o concurso público, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, do servicio de restauración e limpeza do campamento xuvenil Illas Cíes en Vigo.

A Delegación Provincial de Pontevedra, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, resolve anuncia-lo concurso que a seguir se cita:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

b) Dependencia que tramita o expediente: Delegación Provincial de Pontevedra.

c) Número de expediente: 13/2003.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: servicio de restauración e limpeza do campamento xuvenil Illas Cíes en Vigo.

b) Division por lotes e número:

c) Lugar de execución: provincia de Pontevedra.

d) Prazo de execución: desde o 4-7-2003 ata o 28-8-2003.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso público.

4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 24.528 euros, IVE incluído.

5. Garantías:

Provisional: non se esixe.

6. Obtención de documentación e información.

1º Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra.

a) Enderezo: r/ Concepción Arenal, 8-1º.

b) Localidade e código postal: 36201 Vigo.

c) Teléfono: 986 81 70 54.

d) Telefax: 986 81 76 83.

e) Data límite de obtención de documentos e información: ata o remate do prazo de presentación das proposicións, tódolos días laborables, excepto sábados, desde as 9 ás 14 horas.

Tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunt.es/contratacion/resultado.asp?N=2528

7. Requisitos específicos do/da contratista.

a) Clasificación: non se esixe.

b) Outros requisitos: non se esixen.

8. Presentación de ofertas ou das solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 8 (oito) días naturais seguintes ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

b) Documentos que hai que presentar: os que figuran na cláusula 6 do prego de cláusulas administrativas particulares, debendo figurar no exterior dos sobres o CIF do/da licitador/a.

c) Lugar de presentación:

1ª Entidade: rexistro xeral do edificio administrativo da Xunta de Galicia en Vigo.

2ª Enderezo: r / Concepción Arenal, 8.

3ª Localidade e código postal: 36201 Vigo.

Ou por calquera das formas previstas no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado. Cando as proposicións se envíen por correo, o licitador deberá xustifica-la data de imposición do envío na oficina de correos e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante fax 986 81 76 83, ou telegrama, no mesmo día, de conformidade co establecido no artigo 100 do Regulamento xeral de contratos do Estado.

d) Prazo durante o cal o/a licitador/a estará obrigado/a a mante-la súa oferta:

e) Admisión de variantes: non se admiten.

9. Apertura de ofertas.

a) Entidade: Delegación Provincial de Pontevedra da Consellería de Familia, Xuventude e Voluntariado.

b) Enderezo: r/ Concepción Arenal, 8-1º.

c) Localidade: Vigo.

d) Data: o terceiro día natural seguinte ó do remate do prazo de presentación de ofertas. No caso de que coincida en sábado ou festivo, a apertura realizarase o día hábil seguinte.

e) Hora: 10 h.

10. Outras informacións.

11. Gastos dos anuncios: este anuncio será por conta do adxudicatario do contrato.

Vigo, 12 de maio de 2003.

Francisco J. González Vicente

Delegado provincial de Pontevedra