Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 101 Martes, 27 de maio de 2003 Páx. 6.839

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

RESOLUCIÓN do 28 de abril de 2003, da Dirección Xeral de Tributos, pola que se sinala a data de poxa de bens inmobles.

Autorizado por acordo desta dirección xeral do 17 de marzo de 2003 o alleamento en poxa pública do ben inmoble embargado no procedemento de constrinximento pola Zona de Recadación da Coruña como da propiedade do debedor Inmuebles Oroso, S.L., con NIF: B-15609597, que a seguir se describe:

Lote 1:

1/9 da división horizontal con carácter privativo. Predio nº 1 destinado a praza de garaxe sita na rúa do Portiño s/n da parroquia de Barciela, lugar de Sigüeiro, concello de Oroso, de 18,89 m. Lindeiros: fronte-oeste: rúa Portiño, oco das escaleiras que dan acceso ás plantas altas, e local nº 2, local comercial; costas: Manuel Ferreiro Recouso; dereita: entrando portal e iniciación das escaleiras que dan acceso ás plantas altas, José Marín Ferreiro e o trasteiro anexo ó apartamento A sito na planta baixa; esquerda: outro edificio construído por Malven 92, S.L. Predio número 15641, folio 134, libro 98, tomo 666, do Rexistro da Propiedade nº 1 de Ordes.

Valor: 6.157 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 6.157 A.

Lote 2:

1/14 ava parte da división horizontal con carácter privativo. Predio nº 1 destinada a praza de garaxe sita na urbanización Oroso-Gándara de Deixebre, concello de Oroso, de 21,90 m. Lindeiros: fronte-norte: rampla de acceso e subsolo que o separa da rúa de nova construcción; costas-sur: camiño, hoxe Jaime Iglesias Blanco; esquerda-leste: camiño, hoxe rúa do Concello; dereita-oeste: Ricardo Taboada Arjona. Predio nº 15983, folio 11, libro 102, tomo 685, do Rexistro da Propiedade nº 1 de Ordes.

Valor: 7.138 A.

Cargas: non constan.

Tipo: 7.138 A.

De conformidade coa competencia atribuída polo artigo 7.1º f) do Decreto 51/2000, do 25 de febreiro, polo que se establece a organización recadatoria da Xunta de Galicia e o Estatuto dos recadadores de zona

DISPOÑO:

Que o día 12 de xuño de 2003 ás 10 horas, no salón de actos da Delegación Territorial da Con

sellería de Economía e Facenda da Coruña, praza de Pontevedra 22, baixo a presidencia do delegado territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, se realice a dita poxa.

Así mesmo, e en cumprimento do disposto no artigo 146 do Regulamento xeral de recadación, faise consta-lo seguinte:

Primeiro.-Que consta en poder da Zona de Recadación da Coruña o expediente de constrinximento no que consta a titularidade dos bens poxados e o estado das súas cargas e gravames, onde poden ser examinados, debendo conformarse con eles, sen teren dereito a esixir outros, e que as cargas e gravames subsistentes, se os houbese, ó crédito dos executantes, continuarán subsistindo, entendéndose que o rematante os acepta e queda subrogado nas responsabilidades deles, sen destinarse á súa extinción o prezo do remate.

Segundo.-Que a poxa se suspenderá en calquera momento anterior á adxudicación de bens se se fai o pagamento da débeda, xuros e custas do procedemento.

Terceiro.-Os licitadores poderán enviar ou presenta-las súas ofertas en sobre pechado desde o anuncio da poxa ata unha hora antes do comezo desta, sen prexuízo de que poidan participar persoalmente na licitación con posturas superiores á do sobre. As ditas ofertas, que terán o carácter de máximas, serán rexistradas no rexistro da Delegación Territorial da Consellería de Economía e Facenda da Coruña, e deberán ir acompañadas de cheque conformado, expedido a favor do Tesouro da Facenda Pública de Galicia polo importe do depósito.

Cuarto.-Que todo licitador deberá constituír ante a mesa de poxa o preceptivo depósito de garantía, que será ó menos do 20 por 100 do tipo daquela, coa advertencia de que o dito depósito se ingresará en firme no Tesouro se os adxudicatarios non satisfán o prezo do remate, sen prexuízo das responsabilidades en que incorrerán polos maiores prexuízos que sobre o importe orixine a inefectividade da adxudicación.

Quinto.-No caso de que non resulten adxudicados os bens nunha primeira licitación, a mesa da poxa poderá realizar unha segunda licitación se o xulga procedente, fixando o novo tipo de poxa no 75% do importe da primeira licitación, ou ben anunciará a iniciación do trámite de adxudicación directa que se levará a cabo de acordo co artigo 150 do Regulamento xeral de recadación.

Sexto.-Que o rematante ten a obriga de entregar no acto da adxudicación ou dentro dos cinco días seguintes a diferencia entre o depósito constituído e o prezo de adxudicación.

Sétimo.-Se quedasen bens sen adxudicar, iniciarase o trámite de adxudicación directa por un prazo máximo de seis meses, podéndose presentar ofertas en sobre pechado a partir dese momento á mesa de poxa.

A mesa de poxa abrirá as ofertas presentadas ó remate do prazo do mes desde o seu inicio, podendo proceder á adxudicación dos bens se algunha delas se considera suficiente nese momento. En caso contrario, anunciarase a extensión dun mes máis para a presentación de novas ofertas ou mellora das xa existentes, sen prexuízo da validez das ofertas presentadas ata ese momento, e así sucesivamente co límite total de seis meses.

O prezo mínimo de adxudicación directa será o tipo de poxa en primeira licitación cando non se considerase procedente celebrar unha segunda licitación; se existise segunda licitación non haberá prezo mínimo.

Oitavo.-A Consellería de Economía e Facenda reserva para si o dereito de pedi-la adxudicación para a Comunidade Autónoma de Galicia do ben que non fose obxecto de venda, conforme o establecido no artigo 158 do Regulamento xeral de recadación.

Noveno.-O procedemento de constrinximento soamente se suspenderá nos termos e condicións sinalados nos artigos 135 e 136 da Lei xeral tributaria e 101 do Regulamento xeral de recadación.

En todo o non previsto neste anuncio haberá que aterse ó preceptuado nas disposicións legais que regulen o acto.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2003.

Joaquín Caballero Miranda

Director xeral de Tributos