Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.720

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

CONSORCIO AUDIOVISUAL DE GALICIA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2003 pola que se anuncia a convocatoria dentro do Plan de promoción das curtametraxes galegas, do Programa Curtas 03.

Obxecto: convocatoria de accións de promoción e difusión das curtametraxes galegas.

Bases da convocatoria: poderán obterse na sede do consorcio (r/ Hórreo 61-1º, 15702 Santiago de Compostela) ou na página web: www.consorcioaudiovisualdegalicia.org

Prazo presentación de solicitudes: desde a publicación deste anuncio ata o 30 de xuño, ambos inclusive.

Lugar de presentación: na sede do consorcio ou por correo certificado.

Información: Consorcio Audiovisual de Galicia, teléfono 981 95 71 82.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2003.

Ignacio Varela Ramos

Xerente do Consorcio Audiovisual de Galicia