Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.716

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE OIA

EDICTO.

Aprobado por decreto da alcaldía de data do 28 de abril de 2003, o prego de condicións económico-administrativas para a contratación por concurso da obra que a seguir se sinala, exponse ó público polo prazo de oito días contados a partir do seguinte ó da inserción deste anuncio no BOP, co obxecto de exame e reclamacións.

Así mesmo, anúnciase concurso público, se ben a licitación se aprazará no suposto de que se formulen reclamacións contra os pregos de condicións económico-administrativas.

1. Entidade adxudicataria.

Concello de Oia.

2. Obxecto do contrato.

a) Obra: camiño núcleos Lourezá-Burgueira-Pedornes.

b) Lugar de execución: Lourezá-Burgueira-Pedornes.

c) Prazo de execución: seis meses.

d) Orzamento base da licitación: 44.090,94 euros.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Garantías.

a) Provisional: 2% do orzamento base.

b) Definitiva: 4% do prezo de adxudicación.

5. Presentación das ofertas.

a) Data límite de presentación: décimo terceiro día seguinte ó da última publicación do presente anuncio no BOP ou no DOG.

b) Documentación que hai que presentar: a que figura no prego de condicións.

6. Apertura das proposicións.

Terá lugar na casa do concello ás 12 horas do segundo día seguinte hábil ó remate do prazo de presentación de proposicións, sempre que non coincida en sábado. En tal caso, serán abertas o día seguinte hábil.

7. Gastos de anuncios.

Serán por conta do adxudicatario.

Oia, 29 de abril de 2003.

O alcalde

Rubricado