Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Venres, 23 de maio de 2003 Páx. 6.711

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE MEDIO AMBIENTE

EDICTO do 15 de abril de 2003, do Xurado Provincial de Clasificación de Montes Veciñais en Man Común de Lugo, polo que se inicia a tramitación do expediente 6/2002 de clasificación dun monte desta provincia.

Perante este xurado provincial de montes veciñais en man común, tramítase o expediente de clasificación dun monte coas seguintes características:

-Expediente número: 6/2002.

Denominación: monte Pé da Veiga e Chao de Arriba.

Comunidade propietaria: veciños do lugar da Capariña.

Parroquia: Cabanas.

Concello: O Vicedo.

Superficie: 1,85 hectáreas.

Estremas:

As de Pé da Veiga.

Norte: predios particulares pechados con muro.

Leste: predios particulares repoboados con eucaliptos.

Sur: pasteiros particulares pechados con arame.

Oeste: predios particulares.

As de Chao de Arriba.

Norte: predios particulares pechados con arame.

Leste: predios particulares pechados sobre si.

Sur: propiedades particulares e camiño.

Oeste: propiedades particulares.

En virtude do acordado polo xurado na sesión que tivo lugar o día 12 de decembro de 2002 e, en cumprimento da orde do instructor, conforme o disposto na Lei de montes veciñais en man común do 10 de outubro de 1989, e demais disposicións de aplicación, mediante este edicto faise pública a iniciación para a posible clasificación do expediente indicado co obxecto de que, de acordo co previsto no artigo 23 do regulamento aprobado polo Decreto 260/1992, do 4 de setembro, para a execución da citada lei, cantas persoas, organismos e corporacións resulten interesados, poidan comparecer e intervir no expediente iniciado e formular perante

o xurado, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto no Diario Oficial de Galicia, cantas alegacións coiden oportunas na defensa dos dereitos que crean que os asisten en relación cos montes, achegando, se é o caso, a documentación que consideren conveniente ó respecto.

Lugo, 15 de abril de 2003.

Luis González Vázquez

Presidente do Xurado Provincial de Clasificación

de Montes Veciñais en Man Común de Lugo