Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.609

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CUNTIS

ANUNCIO de licitación.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Cuntis. Dependencia que tramita o expediente: Secretaría.

2. Obxecto do contrato: execucición das obras do proxecto de saneamento nos núcleos rurais da Torre e O Pazo.

3. Forma de adxudicación: poxa, polo procedemento aberto e tramitación ordinaria.

4. Orzamento base de licitación: 75.633,86 euros.

5. Garantía provisional: 1.512,68 euros. Garantía definitiva: 4% do importe da adxudicación.

6. Presentación de ofertas: no rexistro xeral da secretaría do Concello de Cuntis, en horario de 9 a 14 horas, no prazo de vinteseis días naturais a partir da publicación no Diario Oficial de Galicia (se o último día coincidise en sábado, trasladarase ó primeiro día hábil).

7. Modelo de proposición: a oferta, xunto coa restante documentación esixible no prego de cláusulas administrativas, presentarase consonte o seguinte modelo:

«Don/Dona ..., con DNI nº ... natural de ... provincia de ..., maior de idade e con domicilio en ... r/ ... teléfono ... actuando en nome (propio ou da empresa á que represente), manifesta que, informado/a do anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia número ... de data ... conforme con tódolos requisitos e condicións que se esixen para adxudicar mediante poxa, procedemento aberto, o contrato de realización da obra de saneamento nos núcleos rurais da Torre e O Pazo e do prego de cláusulas administrativas e proxecto técnico que han de rexe-la dita poxa e na representación que ten comprométese a asumi-lo cumprimento do citado contrato polo prezo de ... (en letra e número), comprendendo esta oferta o prezo da contrata e o importe do imposto sobre o valor engadido.

8. Apertura das ofertas: no salón de sesións do Concello de Cuntis, ás 14 horas do quinto día seguinte hábil ó do remate de presentación de ofertas, excepto sábados.

9. Gastos de anuncios: por conta do adxudicatario.

10. Exposición do prego de cláusulas administrativas: durante o prazo de 8 días hábiles seguintes ó da publicación deste anuncio.

Cuntis, 10 de abril de 2003.

Eduardo Rey Rodríguez

Alcalde