Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.607

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE CERVO

ANUNCIO.

A Comisión de Goberno do Concello de Cervo, en sesión do 11 de abril de 2003, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

Primeiro.-Aprobar definitivamente o proxecto de urbanización das vías 10 e 30 do parque empresarial de Cuíña (Cervo), promovido por Xestur Lugo.

Segundo.-Proceder á publicación do presente acordo no DOG e no BOP, e notificarllo ó promotor do documento.

Terceiro.-Comunicarlle ó conselleiro de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, dándolle traslado do expediente administrativo e de dous exem

plares do documento, en cumprimento do establecido no artigo 92.3º da Lei do solo de Galicia.

Contra o citado acordo cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte a aquel no que se practicou a notificación ou, se é o caso, a publicación, aínda que previamente, e con carácter protestativo, cabe interpoñer recurso de reposición ante o propio órgano que dictou o acordo no prazo dun mes.

Neste caso, contra a desestimación do recurso de reposición, o prazo para interpoñe-lo contencioso-administrativo será de dous meses contados desde o día seguinte ó da notificación, ou noutro caso, o de seis meses contados desde a desestimación presunta, que se entenderá producida polo transcurso dun mes desde a interposición do recurso de reposición.

O que se publica para xeral coñecemento e para produci-los efectos previstos no presente acordo.

Cervo, 22 de abril de 2003.

José Insua Pernas

Alcalde