Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.606

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 28 de abril de 2003, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica o requirimento de documentación incompleta en relación cos expedientes e persoas que se relacionan no anexo, devoltos polo servicio de correos.

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro) intentada a notificación persoal no último domicilio coñecido dos interesados, sen que esta se puidese practicar, notifícaselles ás persoas que se relacionan no anexo o requirimento de documentación efectuado polo xefe da Área Provincial do IGVS, que literalmente transcrito di:

«Examinada a solicitude correspondente ó expediente de referencia e a documentación complementaria presentada por vostede, ó abeiro do Real decreto 1/2002, do 1 de xaneiro, e Decreto 199/2002, do 6 de xuño, observáronse as seguintes deficiencias para o que deberá achega-la documentación que no anexo se indica.

O que se pon no seu coñecemento para que, de conformidade co establecido no artigo 71.1º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, proceda a emenda-las deficiencias sinaladas no prazo de 15 días hábiles improrrogables contados desde o seguinte a aquel no que se realice a notificación.

De non emenda-las deficiencias sinaladas ou de non presenta-la totalidade da documentación requirida no prazo indicado, terase por desistido da súa petición que se arquivará logo de resolución».

Pontevedra, 28 de abril de 2003.

Andrés Iglesias López

Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente: 36-U-0041/03.

Interesado: David Domínguez Mosteiro.

Último enderezo coñecido: rúa Infanta, nº 16, ático drta. (Cambados).

Intentos de notificación persoal: o 10-3-2003 e o 14-3-2003.

Documentación requirida:

* Declaración de non ser titular do dominio ou dun dereito real de uso ou gozo sobre algunha outra viven

da suxeita a réxime de protección pública, xúntase modelo.

Expediente: 36-U-0053/03.

Interesado: Fernando Vieira Otero.

Último enderezo coñecido: rúa Progreso, nº 57, 3º C (Sanxenxo).

Intentos de notificación persoal: o 21-3-2003 as 11.05 h.

Documentación requirida:

* Declaración de non ser titular do dominio ou dun dereito real de uso ou gozo sobre algunha outra vivenda suxeita a réxime de protección pública, xúntase modelo.

* Declaración de que nin o solicitante nin, se é o caso, o seu cónxuxe tivo/tiveron anteriormente vivenda en propiedade, xúntase modelo.