Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.
Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Domicilio social: avda. de Arteixo, 171, 15007 A Coruña.
Denominación: L.M.T.S., CC.TT. O Baño.
Situación: Mugardos.
Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.V., 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 830 m de lonxitude, coa orixe en apoio paso aéreo-subterráneo que se implantará en liña que alimenta o C.T. O Baño e que percorre os C.T.-1, C.T.-2 e C.T.-3, que se instalará.
Centros de transformación en urbanización, en Mugardos, en casetas prefabricadas de formigón, denominadas C.T.-1 de 250 kVA, C.T.-2 de 630 kVA e C.T.-3 de 250 kVA e tensións de 20/0,380-0,220 kV. Concello de Mugardos.
Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:
Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.
As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.
Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación,
Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta resolución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.
A Coruña, 11 de abril de 2003.
Jesús Espada Martínez
Delegado provincial da Coruña