Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Xoves, 22 de maio de 2003 Páx. 6.594

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 16 de maio de 2003, da Subdirección Xeral de Estradas, pola que se somete a información pública o proxecto de trazado e o estudio de impacto ambiental da nova estrada de conexión da PO-330 coa PO-331 en Valadares (Vigo). Clave: PO/03/045.01.

Por resolución da Dirección Xeral de Obras Públicas, do 15 de maio de 2003, aprobouse provisionalmente o proxecto de trazado e o estudio de impacto ambiental da nova estrada de conexión da PO-330 coa PO-331 en Valadares (Vigo). Clave: PO/03/045.01.

De acordo co establecido no artigo 15.1º da Lei 4/1994, do 14 de setembro, de estradas de Galicia, o devandito proxecto de trazado sométese ó trámite de información pública, durante un período de trinta días hábiles a partir da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, para que as persoas que o consideren oportuno poidan formular por escrito ante a Dirección Xeral de Obras Públicas as observacións que crean convenientes relativas ás circunstancias que xustifiquen a declaración de interese xeral da estrada e sobre a concepción global do seu trazado.

Así mesmo, durante este período sométese ó trámite de información pública o estudio de impacto ambiental contido no proxecto de trazado segundo o disposto na Lei 1/1995, do 2 de xaneiro, de protección ambiental de Galicia; no Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación de impacto ambiental para Galicia, e na Lei 6/2001, do 8 de maio, de modificación do Real decreto lexislativo 1302/1986, do 28 de xuño, de avaliación de impacto ambiental.

Exponse ó público para estes efectos no Servicio Provincial de Estradas de Pontevedra, na Dirección Xeral de Obras Públicas e no Concello de Vigo.

Santiago de Compostela, 16 de maio de 2003.

Antonio López Blanco

Subdirector xeral de Estradas