Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.559

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA AGROALIMENTARIA E DESENVOLVEMENTO RURAL

CÉDULA do 12 de maio de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se notifica unha resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Moar (Frades).

Por esta cédula notifícaselle a Josefina Garazo de la Iglesia, co último enderezo coñecido en r/Lirios, s/n, A Coruña, que con data do 14 de xaneiro de 2003 o director xeral de Infraestructuras Agrarias dictou resolución de modificación do acordo de concentración parcelaria da zona de Moar (Frades), que se transcribe literalmente no que lle afecta:

«O acordo de concentración parcelaria da zona de Moar (Frades-A Coruña) foi aprobado o 20 de maio de 1997 e publicado no DOG o 22 de xullo de 1997.

Con posterioridade á aprobación do acordo de concentración, foi solicitada a rectificación de erros del polos seguintes propietarios:

3. Rafael Suárez Núñez (prop. 281) expón que se cometeu un erro na colocación dos marcos no seu predio nº 158, por non axustarse ós planos do acordo (erro que foi constatado).

Vistas a Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, así como a Lei 10/1985, de concentración parcelaria para Galicia, modificada pola Lei 12/2001, do 10 de setembro, e demais normativa de aplicación, esta dirección xeral,

RESOLVE:

...

3. En relación coa solicitude de Rafael Suárez Núñez, modifica-la execución do replanteo nos predios 159, propiedade de Josefina Garazo de la Iglesia, 160 de Manuel Gómez Bello e 161 de Antonio Martínez Vilar na súa estrema co predio 158 de Rafael Suárez Núñez, de forma que se adapten á aliñación que figura nos planos do acordo.

4. Notifíqueselles esta resolución ós interesados, conforme a lexislación vixente».

A Coruña, 12 de maio de 2003.

Jesús Collar Urquijo

Delegado provincial da Coruña