Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.554

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 21 de febreiro de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/314-01).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita.

Solicitante: Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: Ronda da Coruña, 36, 15800 Melide (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S. avda. Lalín-Río Furelos-deriv. Fulicheiro e CC.TT. avda. Lalín e Ronda de Pontevedra.

Situación: Melide.

Descricións técnicas:

-L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 967 m de lonxitude en conductor R.H.Z.1 de 150 mm Al, desde avda. Lalín a C.T. Río Furelos.

-L.M.T. subterránea a 15/20 kV de 327 m de lonxitude en conductor R.H.Z.1 de 150 mm Al, desde C.T. Ronda de Pontevedra a C.T.A. Fulicheiro.

-Centros de nova construcción de 630 kVA c/u na avda. Lalín de tipo prefabricado e Ronda de Pontevedra de tipo interior. Concello de Melide.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, do sector eléctrico (BOE nº 285), e no título VII, capítulo II, do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación.

As instalacións executaranse nun prazo non superior a seis meses, contados a partir da data desta resolución.

Contra a presente resolución poderase interpoñer recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da notificación desta reso

lución; tamén se poderá interpoñer calquera outro recurso que se estime pertinente.

A Coruña, 21 de febreiro de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña