Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.547

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 15 de maio de 2003 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de concurso polo prodemento aberto, da asistencia técnica de clave: LU/01/066.01.

1. Entidade adxudicadora: Xunta de Galicia. Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Dirección Xeral de Obras Públicas, Subdirección Xeral de Estradas, edificios administrativos de San Caetano, Santiago de Compostela, A Coruña (España).

Teléfono nº: 981 54 50 45, telefax nº: 981 54 47 91.

2. Categoría do servicio e descrición, número CPC, cantidade, opcións: 742231120-4.

Asistencia técnica para a redacción do proxecto de trazado e construcción, incluída cartografía da obra: Plan Galicia: corredor Lugo (Nadela)-Sarria sur, de clave: LU/01/066.01.

Orzamento de licitación: 670.474,08 euros.

3. a) Lugar de execución: Comunidade Autónoma de Galicia.

4. a), b).

c) Posibilidade de que as persoas xurídicas teñan que indica-los nomes e a cualificación profesional do persoal responsable da execución do servicio.

É a sinalada na folla de valoración do prego de prescricións técnicas particulares.

5. División por lotes: non.

6. Variantes: observarase o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares.

7. Prazo de execución do contrato: 12 meses.

8. a) Solicitude da documentación: o indicado no número 1.

Así mesmo, tamén se poderán obte-los pregos relativos a esta contratación no seguinte enderezo da Internet:

http://www.xunta.es/contratación/

E en Copy Nino, rúa Xeneral Pardiñas nº 2, teléfono: 981 58 89 38.

b) Data da solicitude: 7 de xullo de 2003.

9. a) Data límite da recepción das ofertas: 7 de xullo de 2003.

b) Enderezo: o indicado no número 1 segundo se especifica no prego de cláusulas administrativas particulares.

c) Idioma: galego, castelán ou nos idiomas da Comunidade Económica Europea, acompañado de traducción oficial.

10. a) Persoas admitidas á apertura das plicas: acto público.

b) Data, hora e lugar: a apertura económica farase ás 11 horas do día 18 de xullo de 2003, na sala de xuntas da Dirección Xeral de Obras Públicas, Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 2.2.6, constitución e funcionamiento da mesa, do prego de cláusulas administrativas particulares.

11. Fianza e garantías exisidas.

Fianza provisional: dous por cento (2%) do importe da contrata (13.409,48 euros).

Fianza definitiva: catro por cento (4%) do importe da adxudicación.

As ditas fianzas poderán ser presentadas na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación vixente.

12. Modalidades básicas de financiamento do pagamento e/ou referencias ás disposicións pertinentes.

O pagamento efectuarase segundo o establecido no número 7 do prego de cláusulas técnicas particulares.

13. Se e o caso, forma xurídica que deberá adopta-la agrupación dos prestadores de servicios adxudicataria do contrato.

Poderán aceptarse ofertas de agrupación temporal de contratistas segundo o artigo 24 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

14. Condicións mínimas: as que figuran no prego de cláusulas técnicas particulares.

Solicitaranse os medios de acreditación da personalidade xurídica e capacidade previstos no artigo 15 do texto refundido da Lei de contratos das administracions públicas.

A solvencia económica ou financeira e a solvencia técnica ou profesional acreditarase segundo o especificado no cadro de características do prego de prescricións técnicas particulares, de conformidade co disposto nos artigos 16 e 19 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

15. Prazo durante o cal o licitador estará obrigado a mante-la súa oferta.

3 meses conforme o artigo 89 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

16. Criterios que se utilizarán para a adxudicación do contrato.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

17. Información complementaria.

Modalidade de adxudicación elixida: concurso aberto.

Trátase dun anuncio obligatorio: non.

18. Data de envío do anuncio: 15 de maio de 2003.

19. Data de recepción do anuncio pola Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas: 15 de maio de 2003.

O importe deste anuncio será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 15 de maio de 2003.

P.D. (Orde 6-3-2003, DOG nº 50, do 12 de marzo)

José Antonio Fernández Vázquez

Secretario xeral da Consellería de Política

Territorial, Obras Públicas e Vivenda