O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada ós interesados malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.
Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (zona de recadación da Coruña; r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 15 de abril de 2003.
Nazario Villalva Montero
Recadador de zona da Coruña
ANEXO
Interesado NIF Data dilixencia Descrición do ben
Chas París, Manuel 76306337L 1-4-2003 Vehículo matrícula C-8896BHC
Iñarra Pazos, María Estíbaliz 32645037X 19-3-2003 Predio nº 61881.0; Rex. Propiedade Ferrol
Rey Veiga, Celsa 76477977X 12-11-2002 Finca nº 11.327; Rex. Propiedade Noia
Rey Veiga, Celsa 76477977X 12-11-2002 Finca nº 11.325; Rex. Propiedade Noia
Rey Veiga, Digna 38954940R 12-11-2002 Finca nº 11.327; Rex. Propiedade Noia
Rey Veiga, Digna 38954940R 12-11-2002 Finca nº 11.325; Rex. Propiedade Noia
Santos Picos, Ángel Santiago 32617519T 19-3-2003 Finca 61881.0; Rex. Propiedade Ferrol
Togar, S.L. B15035058 24-3-2003 Aprobación valoración predio nº 10.184; Rex. Propiedade Noia. 6.341 euros
Togar, S.L. B15035058 14-3-2003 Aprobación valoración predio nº 10.182; Rex. Propiedade Noia. 6.353,55 euros
Togar, S.L. B15035058 24-3-2003 Aprobación valoración predio nº 10.183; Rex. Propiedade Noia. 15.768 euros