Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Mércores, 21 de maio de 2003 Páx. 6.541

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

UNIVERSIDADE DE VIGO

RESOLUCIÓN do 22 de abril de 2003 pola que se corrixen erros na do 17 de marzo de 2003 pola que se convocan probas selectivas para a provisión de seis prazas de técnicos medios de tecnoloxías da información e comunicacións.

Padecido erro na resolución rectoral da Universidade de Vigo do 17 de marzo de 2003 (DOG nº 76, do 21 de abril), pola que se convocaron probas selectivas para a provisión de seis prazas de técnicos medios de tecnoloxías da información e comunicacións vacantes no cadro de persoal laboral desta Universidade.

Este rectorado resolveu corrixir:

Primeiro:

Onde di: «3.1.1. Os servicios prestados nas universidades públicas acreditaranse ...», debe dicir: «3.1.1. Os servicios prestados nas universidades públicas de Galicia acreditaranse ...»

Segundo: a composición do tribunal é a que segue:

Titular:

Presidente: Martín Llamas Nistal, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo.

Vocales: Luis Gallego Fernández, analista da Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.

2 vocais en representación do comité intercentros.

Secretario: Manuel J. Fernández Iglesias, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo.

Suplente:

Presidente: José M. Pousada Carballo, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo.

Vocales: Mónica Mato Gómez, analista da Área de Tecnoloxías da Información e Comunicacións da Universidade de Vigo.

2 vocais en representación do comité intercentros.

Secretario: Juan Carlos Burguillo Rial, profesor titular de universidade da Universidade de Vigo.

Vigo, 22 de abril de 2003.

Domingo Docampo Amoedo

Rector da Universidade de Vigo