Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.525

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE BAIONA

ANUNCIO.

No BOP número 62 do 31 de marzo de 2003, publicáronse integramente as bases que rexerán a convocatoria para prover 20 prazas de peón (operarios de servicios múltiples) dentro do cadro de persoal laboral desta corporación, grupo E, para cubrir por concurso-oposición libre.

O prazo de presentación de instancias será de vinte días naturais, contados a partir do seguinte á publicación deste anuncio no BOE.

Baiona, 31 de marzo de 2003.

Benigno Rodríguez Quintas

Alcalde