Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.523

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

SERVICIO GALEGO DE SAÚDE

RESOLUCIÓN do 26 de marzo de 2003, da Dirección Provincial de Lugo, pola que se fai pública a adxudicación do concurso 1/2002.

En cumprimento do disposto no artigo 93.2º do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido de Lei de contratos das administracións públicas, no artigo 77 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, e en virtude das atribucións que lle foron delegadas conforme ó establecido no artigo 24 do Decreto 45/2002, do 8 de febreiro, polo que se establece a estructura orgánica do Servicio Galego de Saúde (DOG nº 37, do 20 de febreiro) e coa autorización expresa prevista nesa mesma norma, unha vez cumpridos os trámites administrativos correspondentes, a Dirección Provincial do Sergas de Lugo acorda darlle publicidade á adxudicación do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Dirección Provincial do Servicio Galego de Saúde de Lugo.

b) Dependencia que tramita o expediente: Servicio Provincial de Xestión Económica e Investimentos.

c) Número de expediente: 1/2002.

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo de contrato: de subministracións sucesivas.

b) Descrición do obxecto: material de incontinencia urinaria.

c) Lotes: 5.

d) Boletín ou diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOCE do 15 de decembro de 2002, BOE do 20 de decembro e DOG do 31 de decembro.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: concurso.

4. Orzamento base de licitación.

Importe total: 360.421 euros para cada unha das duas anualidades.

5. Adxudicación.

a) Data: 26-3-2003.

b) Contratistas:

1) Laboratorios Indas, S.A. (lote 1).

2) SCA Hygiene Products (lotes 2, 3 e 4).

3) Helianthus Medical, S.L. (lote 5).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe da adxudicación:

1) 61.824 euros.

2) 208.855 euros.

3) 324.568 euros.

Lugo, 26 de marzo de 2003.

Eugenia Lázare Vila

Directora provincial de Lugo