Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.521

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

INSTITUTO GALEGO DA VIVENDA E SOLO

CÉDULA do 2 de abril de 2003, da Delegación Provincial de Lugo, de notificación de proposta de resolución de expediente sancionador 5/2003 a María Inocencia Fernández Mantaras.

A Delegación Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo de Lugo, tramitou expediente sancionador 5/2003, seguido de oficio, contra María Inocencia Fernández Mantaras, finalizando este trámite con proposta de resolución de expediente sancionador por incumpri-la obriga de destina-la vivenda de promoción pública a domicilio habitual e permanente.

O citado acordo é do seguinte teor:

Proposta de resolución do expediente sancionador 5/2003.

Vistas as dilixencias seguidas de oficio pola Dirección Xeral do Instituto Galego da Vivenda e Solo en relación coa vivenda de promoción pública construída baixo o expediente LU-96/505, conta 11, adxudicada a María Inocencia Fernández Mantaras, avda América, bloque 1, portal 1-planta 3ª C de Ribadeo (Lugo) e unha vez terminadas estas e logo das actuacións previas practicadas, de acordo cos seguintes:

Feitos

1. Con data 10 de xuño de 2002 realízase de oficio visita de inspección á vivenda de referencia, resultando imposible localizar a ninguén nela e constatando indicios de que a adxudicataria non reside de maneira habitual e permanente neste domicilio, segundo se reflicte na correspondente acta de inspección nº 1017/02.

2. Con data 15 de xullo de 2002 efectuouse unha nova inspección á dita vivenda resultando, segundo se reflicte na acta de inspección nº 1221/02, que non é posible localizar a ninguén nela, observándose indicios de non ocupación habitual.

3. Con datas 19 de agosto e 29 de novembro de 2002 solicitáronse os seguintes certificados:

-Certificado de empadroamento da adxudicataria solicitado ó Concello de Ribadeo.

-Certificado do consumo de enerxía eléctrica da vivenda solicitado á empresa Barras Eléctricas Galaico Asturianas, S.A. (BEGASA).

-Certificado sobre o consumo real de auga da vivenda solicitado á empresa Aquagest.

4. En contestación ás anteriores peticións recíbese a seguinte documentación:

-Con data 16 de decembro de 2002 certificado do Concello de Ribadeo, segundo o cal resulta que no padrón de habitantes dese concello non figura inscrita a titular desde o 26 de setembro de 2000 no que se deu de baixa por traslado a Javea (Alacant).

-Con data 26 de agosto de 2002, certificado de consumo de enerxía eléctrica remitido pola empresa BEGASA, indicando que o consumo durante os últimos meses é baixo.

5. O artigo 5º, alínea C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, dispón que o non destino das vivendas de protección oficial ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante un prazo superior a tres meses, constitúe unha infracción grave.

6. Con data 29 de xaneiro de 2003, dictouse acordo de iniciación de procedemento sancionador baixo o número 5/2003, notificado á denunciada mediante publicación no Diario Oficial de Galicia número 49, do 11 de marzo de 2003, polo que se lle imputaba a María Inocencia Fernández Mantaras, a comisión dunha infracción administrativa do artigo 5-alínea C, da Lei 13/1996, do 30 de decembro. Concedido prazo de 15 días para alegacións, a denunciada non fixo uso del.

Feito probado

Determínase, así, como feito probado que María Inocencia Fernández Mantaras non cumpriu a obriga de destina-la vivenda adxudicada a domicilio habitual e permanente.

Fundamentos de dereito

1. É competente para dicta-la resolución do presente expediente o delegado provincial do IGVS de Lugo, en virtude do disposto no art. 1 do Decreto 134/1997, do 22 de maio, sobre desconcentración de competencias sancionadoras en materia de vivenda establecidas no artigo 10 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda.

2. Que a infracción imputada se encontra tipificada no artigo 5 c) da Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda que sinala que terán a cualificación de infraccións graves... c) o non destino das vivendas de protección ou daquelas para as que se recibiu unha axuda da Comunidade Autónoma a domicilio habitual e permanente ou mantelas deshabitadas sen causa xustificada durante o prazo superior a tres meses e, en tal sentido, o

Real decreto 3148/1978, do 10 de novembro, polo que se desenvolve o Real decreto lei 31/1978, do 31 de outubro, sobre política de vivenda define no seu artigo 3 que se entende por domicilio habitual e permanente, e do deste despréndese que se entende por domicilio permanente o que constitúa a residencia do titular, ben sexa propietario ou arrendatario, e sen que perda tal carácter polo feito de que este, o seu cónxuxe ou parentes, dun e outro, ata o terceiro grao que convivan co titular, exerzan na vivenda unha profesión ou pequena industria doméstica, aínda que sexa obxecto de tributación, e por domicilio habitual, enténdese cando a vivenda non permaneza desocupada máis de tres meses, salvo que medie xusta causa.

3. Considérase responsable da dita infracción a María Inocencia Fernández Mantaras, correspondéndolle unha sanción de 601,02 a 3.005,06 euros de multa conforme o establecido no artigo 7 da Lei 13/1996, do 30 de decembro, sobre infraccións en materia de vivenda.

4. Ó amparo do disposto no artigo 3.2º do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora R.D. 1398/1993, do 4 de agosto, os interesados teñen dereito a formular alegacións e a achegar tódolos documentos que consideren convenientes en calquera momento do procedemento con anterioridade ó trámite de audiencia.

Poderán, así mesmo, recoñecer voluntariamente a súa responsabilidade conforme o establecido no artigo 8 do citado regulamento.

5. Segundo o artigo 16.1º do Regulamento do procedemento, os interesados dispoñen dun prazo de 15 días contados desde a notificación desta proposta para achega-los documentos ou informacións que estimen convenientes e propoñer probas, concretando os medios dos que pretendan valerse.

Vistos os artigos citados, a Lei 13/1996, do 30 de decembro, de infraccións en materia de vivenda, a Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora,

PROPÓN:

Impoñer a María Inocencia Fernández Mantaras unha sanción de 601,02 euros de multa.

Notifíquese a presente proposta de resolución á interesada coa indicación de que, de conformidade co establecido no artigo 19 do Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, poderá presentar alegacións, no prazo de quince días, ó remate dos cales a delegación do IGVS dictará a resolución que corresponda.

Lugo, 2 de abril de 2003.

Francisco Centeno Márquez

Instructor