Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.516

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

RESOLUCIÓN do 24 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se autoriza e se aproba o proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 02/452-4).

Visto o expediente para outorgamento de autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que a continuación se cita:

Solicitante: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Domicilio social: trav. Vigo 204, 36207 Vigo.

Denominación: L.M.T., C.T. e R.B.T. Pontenova.

Situación: concello do Porriño.

Descricións técnicas: L.M.T, aérea, a 15 kV, con conductor tipo LA-110, de 30 m de lonxitude, desde o apoio proxectado tipo C-7.000/18 onde chega a L.M.T.S. proxectada ATI 7.26, e final no apoio existente desde onde continúa a L.M.T.A. actual ATI 7.26 ós CC.TT. Campo Feira, As Torres e outros. L.M.T. aérea a 15 kV, con conductor tipo 2xLA-110 de 2x30 m de lonxitude desde o apoio proxectado tipo C-700/18, a onde chega a L.M.T.S. proxectada ATI 7.25 e final no apoio existente desde onde continúa a L.M.T.A. actual ATI 7.25 ós CC.TT. Ponte Valo e Frigolouro. L.M.T., subterránea, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 160 m de lonxitude, desde o apoio proxectado tipo C-7.000/18 a onde chega a liña aérea ATI 7.26, e final no apoio proxectado tipo C-7.000/18 desde onde continúa a L.M.T. aérea ATI 7.26 L.M.T., subterránea, a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de 170 m de lonxitude desde o apoio proxectado tipo C-7.000/18 onde chega a L.M.T.A. ATI 7.25 alimentando en bucle o C.T. que se proxecta,

e final no apoio proxectado tipo C-7.000/18 desde onde continúa a L.M.T.A. actual ATI 7.25. L.M.T. subterránea a 15 kV con conductor tipo R.H.V. de

110 m de lonxitude desde o C.T. que se proxecta en Pontenova e final no apoio tipo C-7.000/18 desde onde continúa a L.M.T. aérea ó C.T. Frigolouro. C.T. de 400 kVA, R.T. 15 kV-380/220 V, situado en Pontenovo, concello do Porriño, R.B.T. subterránea de 150 m de lonxitude con conductor RV desde o C.T. Pontenovo.

Cumpridos os trámites ordenados na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no capítulo II do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sobre autorización de instalacións eléctricas, esta delegación provincial resolve:

Autorizar e aproba-lo proxecto de execución das devanditas instalacións, das que as características se axustarán en tódalas súas partes ás que figuran nel e ás condicións técnicas e de seguridade establecidas nos regulamentos de aplicación e nos condicionados establecidos polos ministerios, organismos ou corporacións que constan no expediente.

O prazo de posta en marcha da instalación, de acordo co artigo 132 do Real decreto 1955/2000, será de doce meses, a partir da recepción desta resolución. Para efectos da posible solicitude de prórroga, o peticionario deberá ter en conta o disposto no capítulo IV do Decreto 1775/1967, do 22 de xullo.

Contra esta resolución pódese interpor recurso de alzada ante o conselleiro de Innovación, Industria e Comercio no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ó da súa notificación. Tamén se pode interpor calquera outro recurso que se considere pertinente.

Pontevedra, 24 de marzo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra