Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.511

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE POLÍTICA TERRITORIAL, OBRAS PÚBLICAS E VIVENDA

RESOLUCIÓN do 12 de maio de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, pola que se anuncia a licitación, polo sistema de poxa, polo procedemento aberto e trámite de urxencia, da obra de clave RC-PO-03.1.

a) Obra.

Reforzo de firme na estrada PO-264, treito: N-550 a Ponte Sampaio. P.q. 0,000 ó 2,023. T.M. de Vilaboa e Pontevedra.

Clave: RC-PO-03.1.

Orzamento: cento sesenta e nove mil cento sesenta e seis euros con noventa e cinco céntimos (169.166,95 euros).

Prazo de execución: 2 meses.

Clasificación: grupo G, subgrupo 4, categoría e.

Garantía provisional: non se precisa.

(Declarada urxente consonte o establecido no artigo 71 do Real decreto lexislativo 2/2000, do 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas).

b) Documentos de interese para os licitadores.

O prego de cláusulas administrativas particulares, así como o proxecto, estarán de manifesto e á disposición dos concursantes, para o seu exame, durante o prazo de presentación das proposicións, os días e horas hábiles de oficina, na Delegación Provincial da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, Servicio de Contratación, en Pontevedra, rúa Alcalde Hevia, nº 7, 3º, teléfonos de información 986 80 56 42 e 80 56 43.

c) Garantías que se lles esixen ós licitadores.

Esixiráselle ó adxudicatario do contrato unha garantía definitiva por importe do 4 % do orzamento de adxudicación.

A devandita garantía poderá ser presentada na modalidade e polas persoas ou entidades que especifica a lexislación española vixente.

d) Modelo de proposición.

Proposición económica formulada estrictamente conforme o modelo que se achega ó prego de cláusulas administrativas particulares.

e) Prazo e lugar para a presentación de proposicións

As proposicións deberán presentarse en sobre pechado no rexistro da Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda, ou enviarse por correo dentro do prazo de admisión sinalado conforme o disposto no art. 80 do Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas.

O prazo de admisión das proposicións terminará ás doce horas do décimo terceiro día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, seguinte ó da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

f) Apertura das proposicións.

A apertura das proposicións realizaraa a mesa de contratación, ás once horas do décimo día natural, que non coincida en sábado, domingo ou festivo, contado a partir do último día de presentación de proposicións, na sala de xuntas da Delegación Provincial en Pontevedra da Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Vivenda.

g) Outras informacións.

A mesa de contratación comprobará en acto previo a documentación xeral (sobre A), segundo se especifica no punto 10. 2º do prego de cláusulas administrativas particulares.

h) Documentos que deben presenta-los licitadores.

Os que figuran no prego de cláusulas administrativas particulares.

O importe do presente anuncio será por conta do adxudicatario.

Pontevedra, 12 de maio de 2003.

José Manuel González Álvarez

Delegado provincial de Pontevedra