Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 96 Martes, 20 de maio de 2003 Páx. 6.482

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 21 de abril de 2003 pola que se autoriza a inclusión da escola de música de Vilanova dos Infantes, de Celanova (Ourense) no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

O artigo 39.5º da Lei orgánica 1/1990, do 3 de outubro, de ordenación xeral do sistema educativo, establece que poderán cursarse, en escolas específicas, estudios de música ou danza, que en ningún caso poderán conducir á obtención de títulos con validez académica ou profesional. Así mesmo, a Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), regula as condicións de creación e funcionamento destas escolas na Comunidade Autónoma de Galicia.

Por outro lado, o Decreto 213/1998, do 10 de xullo (DOG do 23 de xullo), establece no seu artigo 1 que lle corresponden á Consellería de Educación e Ordenación Universitaria as competencias e funcións en materia de planificación, regulación e administración do ensino en toda a súa extensión.

A Sociedade de Amigos da Banda de Música de Vilanova dos Infantes solicita a inclusión da escola de música de Vilanova dos Infantes no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia.

A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense informa do cumprimento efectivo dos requisitos que establece a Orde do 11 de marzo de 1993.

Cumpridos tódolos trámites regulamentarios e tendo en conta o anteriormente exposto, esta consellería, por proposta da Dirección Xeral de Centros e Ordenación Educativa,

DISPÓN:

Primeiro.-Autoriza-la inclusión no Rexistro de Escolas de Música e Danza da Comunidade Autónoma de Galicia da escola de música de Vilanova dos Infantes, de Celanova (Ourense), segundo os datos que figuran no anexo a esta orde.

Segundo.-Esta escola queda sometida ó réxime de escolas de música e danza, segundo o establecido na Orde do 11 de marzo de 1993 (DOG do 22 de abril), e ós servicios de Inspección correspondentes.

Terceiro.-A Delegación Provincial da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria de Ourense, logo de informe da Inspección educativa, aprobará expresamente a relación de profesorado que imparta docencia na escola de música.

Cuarto.-O centro deberá solicita-la oportuna revisión da inscrición cando teña que modificarse calquera dos datos sinalados nesta orde.

Quinto.-Esta orde, que esgota a vía administrativa, poderá ser obxecto de recurso potestativo de repo

sición perante o conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó da publicación no Diario Oficial de Galicia, segundo o disposto na Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE do 14 de xaneiro), de modificación da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE do 27 de novembro), ou ben os interesados poderán presentar directamente recurso contencioso-administrativo perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ó da súa publicación, conforme se establece na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa (BOE do 14 de xullo).

Disposicións derradeiras

Primeira.-Facúltanse as direccións xerais de Centros e Ordenación Educativa e de Formación Profesional e Ensinanzas Especiais para dicta-las disposicións necesarias para o desenvolvemento desta orde.

Segunda.-Esta orde entrará en vigor o día seguinte ó da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 21 de abril de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación

Universitaria

ANEXO

Provincia: Ourense.

Concello: Celanova.

Localidade: Vilanova dos Infantes.

Enderezo: rúa da Barronca, 18.

Código do centro: 32020707.

Titular: Sociedade de Amigos da Banda de Música de Vilanova dos Infantes.

Denominación xenérica: escola de música.

Denominación específica: de Vilanova dos Infantes.