Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.449

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 26 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/139-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Concello da Cañiza.

Domicilio social: r/ Oriente, 11, 36880 A Cañiza.

Denominación: desvío da L.M.T. o Polígono Industrial da Cañiza.

Situación: concello da Cañiza.

Características técnicas: L.M.T. a 20 kV con dous tramos aéreos, un de 234 m de lonxitude con conductor LA-56 desde o apoio nº 1 que se colocará na L.M.T. FRI 8056222 ata o apoio proxectado nº 3, onde continúa subterránea 650 m con conductor R.H.V. ata o apoio proxectado nº 2, e outro de 64 m con conductor LA-56 desde un apoio existente da L.M.T. FRI 8.50 ata o apoio proxectado nº 2, no concello da Cañiza.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 26 de marzo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra