Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.448

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 24 de marzo de 2003, da Delegación Provincial de Pontevedra, polo que se somete a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/166-4).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro, e no artigo 125 do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro, sométese a información pública a petición de autorización da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Central Eléctrica Sestelo y Cía, S.A.

Domicilio social: G. Bugallal, 44, 36860 Ponteareas.

Denominación: modificación da L.M.T. Angoares-Ponteareas.

Situación: concello de Ponteareas.

Características técnicas: modificación da L.M.T. Angoares-Ponteareas, pasando a subterráneo un tramo dela de 235 m de lonxitude, desde unha torreta metálica situada no linde dos terreos do centro comercial Eroski, cunha derivación de dobre circuíto para alimentación a este, e rematando nunha torreta na actual liña a Cristiñade, no concello de Ponteareas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán presenta-las súas alegacións, nesta delegación provincial, no prazo de vinte días.

Pontevedra, 24 de marzo de 2003.

Carmen Bianchi Valcarce

Delegada provincial de Pontevedra