Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 95 Luns, 19 de maio de 2003 Páx. 6.439

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

ANUNCIO do 3 de abril de 2003, do recadador de zona da Coruña, polo que se relacionan dilixencias de embargo pendentes de notificar e se emprazan os interesados que se sinalan (Hermo Dieste, Belarmino César e tres máis).

O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra os debedores que se sinalan na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. Nos devanditos expedientes practicouse dilixencia de embargo sobre os bens que aparecen como propiedade dos debedores; dilixencia que non lles puido ser notificada os interesados malia ós intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que se sinala no anexo.

Dos embargos que se citan tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, emprázanse os interesados, ou os seus representantes, para seren notificados por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña; r/Comandante Fontanes 17-1º A), no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.

Transcorrido o dito plazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 3 de abril de 2003.

Nazario Villalva Montero

Recadador de zona da Coruña

ANEXO

InteresadoNIFData

dilixencia

Descrición do ben

Hermo Dieste, Belarmino César52450619Q25-3-2003Predio 13.508 Rexistro da Propiedade de Noia.

Hermo Dieste, Belarmino César52450619Q20-3-2003Vehículo matrícula C-8625-CD

Souto Outeiral, María Carmen14599246L25-3-2003Predio 13.508 Rexistro da Propiedade de Noia.

Souto Outeiral, María Carmen14599246L20-3-2003Vehículo matrícula C-8625-CD