Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.213

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA

ORDE do 13 de maio de 2003 pola que se declaran aptos na fase de prácticas os aspirantes que superaron os procedementos selectivos para acceso ó corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional convocados por Orde do 12 de marzo de 2002.

Por Orde do 10 de setembro de 2002 (DOG do 18 de setembro) nomeáronse funcionarios en prácticas do corpo de profesores de ensino secundario e profesores técnicos de formación profesional os

opositores que superaron os procedementos selectivos convocados por Orde do 12 de marzo de 2002.

Rematada a fase de prácticas e vistas as propostas efectuadas polas comisións avaliadoras, esta consellería

DISPÓN:

Declarar aptos na fase de prácticas e aprobados definitivamente nos procedementos selectivos convocados por Orde do 12 de marzo de 2002 os opositores relacionados nos anexos II e III da Orde do 9 de agosto de 2002 (DOG do 23 de agosto), agás José Ángel Diz Bouzán, con DNI 34973957, corpo de profesores técnicos de formación profesional, disciplina sistemas e aplicacións informáticas (por ter concedido aprazamento), e os que estean exentos da realización e avaliación daquelas.

Santiago de Compostela, 13 de maio de 2003.

Celso Currás Fernández

Conselleiro de Educación e Ordenación Universitaria