Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 93 Xoves, 15 de maio de 2003 Páx. 6.212

IV. OPOSICIÓNS E CONCURSOS

CONSELLERÍA DA PRESIDENCIA, RELACIÓNS INSTITUCIONAIS E ADMINISTRACIÓN PÚBLICA

RESOLUCIÓN do 6 de maio de 2003, do tribunal designado para xulga-lo proceso selectivo para o acceso ó corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 239 do 12 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (Diario Oficial de Galicia número 80 do 25 de abril), pola que se fai pública a data, a hora e o lugar de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

Convocado proceso selectivo para o ingreso no corpo de axudantes facultativos da Xunta de Galicia (grupo C), escala de titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, convocado pola Orde do 29 de novembro de 2001 (DOG nº 239, do 12 de decembro), modificada pola Orde do 16 de abril de 2002 (DOG nº 80, do 25 de abril), de conformidade coa base III.10 da convocatoria, correspóndelle ó tribunal fixa-lo lugar, as datas e a hora de realización do primeiro exercicio da fase de oposición.

O tribunal, en sesión que tivo lugar o día 6 de maio de 2003, acordou:

1. Realiza-lo primeiro exercicio da fase de oposición para os titulados náutico-pesqueiros de vixilancia pesqueira, especialidade de patróns e mecánicos (aspirantes polo sistema de acceso libre e polo sistema de promoción interna), o día 28 de maio de 2003, mércores, en chamamento único que se

iniciará ás nove trinta (9.30) horas, no salón de actos do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55).

2. Realiza-lo primeiro exercicio da fase de oposición para a especialidade de mariñeiros especializados, clase mecamares, o día 29 de maio de 2003, xoves, en chamamento único que se iniciará ás dez (10) horas, no salón de actos do Instituto Politécnico Marítimo Pesqueiro do Atlántico de Vigo (avda. Beiramar, 55).

3. Tódolos aspirantes deberán comparecer no lugar indicado provistos do DNI ou documento fidedigno acreditativo da súa identidade, ó xuízo do tribunal, lapis do nº 2 e goma de borrar, de conformidade co establecido na base II.2.2 da convocatoria.

Vigo, 6 de maio de 2003.

Juan Manuel López García

Presidente do tribunal