Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 91 Martes, 13 de maio de 2003 Páx. 6.044

VI. ANUNCIOS

OUTROS ANUNCIOS

FEDERACIÓN GALEGA DE BILLAR

ANUNCIO.

A Federación Galega de Billar comunica as modificacións nos seus estatutos, aprobadas na asemblea xeral extraordinaria do pasado 28 de decembro de 2002.

Artigo 5º.-A Federación Galega de Billar está integrada por todos aqueles deportistas, clubes deportivos, xuíces, árbitros, monitores e, en xeral, por tódalas persoas físicas que, estando en posesión da pertinente licencia federativa en vigor, teñan por obxecto a promoción, a práctica, a organización e o desenvolvemento do deporte do billar.

Artigo 45º.-Punto 2, letra C.-O incumprimento das obrigas establecidas nestes estatutos, dos acordos da asemblea xeral e dos regulamentos federativos.

Vigo, 31 de marzo de 2003.

Mateo Alonso Corredera

Presidente