Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Luns, 12 de maio de 2003 Páx. 5.995

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN LOCAL

CONCELLO DE VIGO

CONTRATACIÓN por poxa aberta da execución das obras de pavimentado de rúas en Vigo (expediente 15844/240).

1. Entidade adxudicadora: organismo: Concello de Vigo. Dependencia: Vías e Obras. Nº de expediente: 15844/240.

2. Obxecto do contrato: descrición: mellora de pavimento en viais de Vigo.

Lotes: si, sete.

Lugar de execución: Vigo (Pontevedra).

Prazo de entrega: un mes.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación.

Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto.

Forma: poxa.

4. Orzamento base: lote A: 211.531,39 euros; lote B: 210.739 euros; lote C: 282.076 euros; lote D: 328.142 euros; lote E: 241.156 euros; lote F: 147.676,99 euros e lote G: 447.847 euros.

5. Garantía: provisional: non se esixe.

6. Obtención da documentación e información: rexistro xeral do Concello de Vigo, Praza do Rei s/n, 36202 Vigo, teléfono 986 81 01 48, fax 986 22 62 06.

Data límite para solicitar documentación: ata o día de finalización do prazo de presentación de proposicións.

7. Requisitos específicos do contratista: clasificación: lotes A, B, C, D, E e G: grupo G, subgrupo 4, categoría e. Lote F: grupo G, subgrupo 4, categoría d.

Outros requisitos: acredita-la solvencia económica, financeira e técnica en calquera das formas previstas nos artigos 16 e 17 do texto refundido da Lei de contratos das administracións públicas.

8. Presentación de ofertas: prazo: 26 días naturais seguintes ó da publicación do derradeiro anuncio de licitación no BOP e no DOG.

Documentación: a esixida na cláusula 12 do prego de condicións.

Lugar de presentación: véxase punto 6 do anuncio.

Prazo da obriga de mantene-la oferta: 20 días contados desde o día da apertura de proposicións.

9. Apertura de ofertas: entidade, domicilio e localidade: véxase o punto 6 do anuncio.

Data e hora: 10 horas do primeiro martes seguinte a data de finalización do prazo de presentación de proposicións.

10. Outras informacións.

11. Gastos anuncios: pagaranos o adxudicatario.

12. Páxina web para obtención de información: www.vigo.org

Vigo, 23 de abril de 2003.

Lois Pérez Castrillo

Alcalde