Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.900

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ACORDO do 21 de marzo de 2003, da Delegación Provincial da Coruña, polo que se somete a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita. (Expediente IN407A 03/95).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE nº 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE nº 310), sobre autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa e a aprobación do proxecto de execución da instalación eléctrica que se cita:

Solicitante: Electra del Jallas, S.A.

Domicilio social: pza. de Constitución, 17, 15270 Cee (A Coruña).

Denominación: L.M.T.S., C.S. granxa integral cultivo peixes planos.

Situación: Camariñas.

Descricións técnicas: liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV, baixo tubo e con conductor R.H.Z.I 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 4.130 m de lonxitude, coa orixe na cela subestación do Vilán e final no centro de seccionamento, que se vai instalar nas inmediacións da granxa integral peixes.

Liña eléctrica subterránea de media tensión a 20 kV baixo tubo, e con conductor R.H.V. 12/20 kV de 3(1x240) mm Al, de 26 m de lonxitude desde centro de seccionamento a centro de transformación granxa.

Centro de seccionamento en caseta prefabricada de formigón, equipado con catro celas de liña CML-SF6. Concello de Camariñas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examina-lo expediente e presenta-las súas alegacións nesta delegación provincial, sita no edificio administrativo de Monelos, s/n, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días, a partir da última publicación.

A Coruña, 21 de marzo de 2003.

Jesús Espada Martínez

Delegado provincial da Coruña