O recadador da Comunidade Autónoma de Galicia, titular de zona da Coruña, por medio deste anuncio, comunica que se seguen neste órgano de recadación procedementos administrativos de constrinximento contra o debedor que se sinala na relación que se xunta, segundo establece o artigo 110 do Regulamento xeral de recadación. No devandito expediente
practicouse dilixencia de embargo sobre o ben que aparece como propiedade do debedor, dilixencia que non lle puido ser notificada ó interesado malia os intentos feitos neste sentido. A referencia da dilixencia é a que sinala no anexo.
Do embargo que se cita tomarase nota no rexistro que corresponda, a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.
De conformidade co disposto no artigo 105 da Lei 230/1963, do 28 de decembro, xeral tributaria, modificado polo artigo 28 da Lei 66/1997, do 30 de decembro, de medidas fiscais, administrativas e da orde social, emprázase o interesado, ou o seu representante, para ser notificado por comparecencia.
A comparecencia deberá efectuarse ante o órgano de recadación (Zona de Recadación da Coruña, r/ Comandante Fontanes 17-1º A) no prazo de dez días contados desde o seguinte ó da publicación deste anuncio.
Transcorrido o dito prazo sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ó do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
A Coruña, 21 de marzo de 2003.
Nazario Villalva Montero
Recadador de zona da Coruña
ANEXO
Interesado: Pérez Viturro, Francisco.
NIF: 33233796-S.
Data da dilixencia: 13-3-2003.
Descrición do ben: valoración do predio 17.834 A para efectos de poxa.