Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.850

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE INNOVACIÓN, INDUSTRIA E COMERCIO

ORDE do 30 de abril de 2003 pola que se aproban as bases que rexerán as convocatorias de axudas para a contratación de doutores en organismos públicos de investigación da Comunidade Autónoma de Galicia (programa Isidro Parga Pondal) e se procede á súa convocatoria.

A Lei 12/1993, de fomento de investigación e desenvolvemento tecnolóxico de Galicia, no seu artigo 1, establece como obxectivo xeral o fomento da investigación científica e a innovación tecnolóxica para promove-lo desenvolvemento económico, social e productivo de Galicia. Como unha ferramenta encamiñada ó logro deste obxectivo, a citada lei, no seu capítulo II, crea o Plan Galego de Investigación e

Desenvolvemento Tecnolóxico. O Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 14 de marzo de 2002, aprobou o Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica (2002-2005).

O plan está integrado por programas xerais, sectoriais e horizontais. Dentro dos programas horizontais figura o programa de Recursos Humanos que ten, entre outros obxectivos, o de incrementa-los recursos humanos dedicados a actividades de I+D+I tanto en número como en especialización nas áreas de maior interese, así como incrementa-lo número de doutores e tecnólogos incorporados ó sistema público de I+D.

O obxectivo desta convocatoria é a inserción nas universidades do sistema universitario de Galicia e en centros de investigación da Comunidade Autónoma de doutores novos cunha formación investigadora acreditada en organismos científicos nacionais ou estranxeiros. O fin último do programa Isidro Parga Pondal que agora se pon en marcha é contribuír a supera-lo déficit de recursos humanos que afecta o sistema de I+D en Galicia.

Na súa virtude e consonte co previsto no convenio de colaboración suscrito pola Consellería de Innovación, Industria e Comercio coas universidades do sistema universitario de Galicia e o CSIC, esta consellería

DISPÓN:

Artigo 1º.-Finalidade da convocatoria.

A presente convocatoria establece as bases que regulan a concesión de axudas para a realización de 50 contratos laborais de duración determinada e destinados á incorporación de investigadores, que teñan acadado o título de doutor, ás universidades do sistema universitario de Galicia, ós centros en Galicia do Consello Superior de Investigacións Científicas (CSIC), así como ós centros públicos de investigación dependentes da Xunta de Galicia que a continuación se indican:

-Centro de cultivos mariños de Ribadeo.

-Centro de investigacións mariñas de Corón.

-Centro de investigacións forestais de Lourizán.

Artigo 2º.-Requisitos dos candidatos.

Os candidatos á obtención dalgún dos contratos obxecto desta convocatoria deberán acredita-lo cumprimento dos seguintes requisitos:

a) Posuí-la nacionalidade española, ser nacional dun país membro da Unión Europea ou ser estranxeiro con permiso de residencia en España.

b) Estar en posesión do grao de doutor.

As titulacións obtidas no estranxeiro deberán estar homologadas polo Ministerio de Educación e Cultura a excepción das obtidas en países membros da Unión Europea.

Admitiranse solicitudes de candidatos que teñan iniciado o trámite de homologación do título de doutor polo Ministerio de Educación e Cultura, pero neste caso a selección do candidato, de producirse, quedará condicionada a que a dita homologación se conceda antes do 1 de outubro de 2003.

c) Ter realizado estadías en universidades ou en centros de investigación distintos a aquela universidade na que se expediu o seu título de doutor, durante un período mínimo de 6 meses despois de ter acadado o grao de doutor.

Artigo 3º.-Dotación, número e duración dos contratos.

A axuda máxima concedida para cada contrato laboral será de 26.075 euros por ano de contrato, incluíndo neste importe a retribución bruta anual do contrato e o pagamento de custos sociais.

O número máximo de contratos que poderán financiarse é de 50 dos que ata un máximo de 3 poderán corresponder ós centros de investigación dependentes da Xunta de Galicia, indicados no artigo 1º; neste caso os contratos dos candidatos seleccionados serán financiados con cargo ás dotacións do capítulo I dos orzamentos para os anos 2003, 2004 e 2005 da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento. Os restantes contratos serán financiados con cargo á aplicación orzamentaria 04.06.432A.740.0 dos orzamentos xerais da Comunidade Autónoma para os anos 2003, 2004 e 2005, de acordo coa seguinte distribución: 2002: 306.381,25 A, 2003: 1.225.525 A, 2004: 919.143,75 A. A universidade correspondente ou o CSIC segundo corresponda serán os encargados do pagamento dos correspondentes contratos laborais.

A duración dos contratos será de dous anos e poderán ser obxecto de prórroga trala publicación no DOG dunha convocatoria na que se recollan os requisitos e características desta.

A primeira anualidade dos contratos comezará a computarse na data que se indique na resolución da presente convocatoria e non será anterior o 1 de outubro de 2003.

Artigo 4º.-Formalización de solicitudes e prazo de presentación.

As solicitudes no modelo oficial RHU-10 do que a carátula externa se publica como anexo á presente

orde, están ó dispor dos interesados nas dependencias da Dirección Xeral de I+D e na Internet nos enderezos: http://www.sxid.org., o http://www.cesga.es/sxid. As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Dirección Xeral de I+D ou por calquera das formas previstas no artigo 38.4º da Lei 30/1992.

As solicitudes deberán ir acompañadas da seguinte documentación:

a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou do documento equivalente no caso de ser nacional doutro país membro da Unión Europea ou da tarxeta de residente, no caso de nacionais doutros países.

b) Fotocopia compulsada do título de doutor ou doutro documento acreditativo de ter acadado o dito grao e a data da súa obtención. De se-lo caso, fotocopia compulsada da homologación polo Ministerio de Educación e Cultura, ou da solicitude de homologación presentada a dito ministerio.

c) Currículum vitae do candidato segundo o modelo oficial acompañado dos documentos xustificativos correspondentes, así como de documentos que acrediten a realización de estadías post-doutorais en universidades ou centros de investigación distintos a aquela universidade na que se expediu o seu título de doutor por un mínimo de 6 meses. Non serán obxecto de valoración aqueles méritos alegados que non sexan convenientemente acreditados.

d) Declaración das axudas solicitadas ou concedidas para o mesmo fin de tódalas administracións públicas, consonte o documento que se inclúe no modelo de solicitude.

Na instancia de solicitude o candidato indicará, por orde de prioridade descendente, o código das prazas ás que opta, entre aquelas que figuran no anexo II á presente orde, tendo en conta as correspondentes áreas temáticas e áreas de coñecemento.

O prazo de presentación de solicitudes será de 40 días hábiles que se contarán a partir do día seguinte ó de publicación da presente convocatoria no DOG.

Artigo 5º.-Tramitación.

Por parte dos servicios da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento comprobarase que tódalas solicitudes reúnan os requisitos establecidos na presente orde e exporase a lista de solicitudes admitidas e excluídas, sinalando, se é o caso, as causas de exclusión, nos taboleiros da Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, e na Internet nos enderezos http://www.sxid.org ou http://www.cesga.es/sxid. O prazo de exposición das

listas será desde o 7 ó 17 de xullo e os interesados poderán durante este prazo formular reclamacións para emendar erros e falta de documentos, perante a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, achegando, se é o caso, a documentación necesaria. Transcorrido este prazo sen que se corrixan as causas de exclusión, procederase consonte o establecido no artigo 71 da Lei 30/1992, modificada pola Lei 4/1999.

Artigo 6º.-Avaliación, selección das solicitudes e resolución.

A avaliación científico-técnica dos méritos dos candidatos será realizada por expertos externos, de acordo cos seguintes criterios:

-Contribución científico-técnica dos candidatos na súa área temática e área de coñecemento: ata 70 puntos. Valoraranse os seguintes aspectos: as publicacións científicas preferentemente recollidas no Science Citation Index (SCI), no Social Sciences Citation Index (SSCI) ou no Arts & Humanities Citation Index (AHCI); patentes rexistradas; artigos en congresos con avaliación estricta; proxectos técnicos, se é o caso; outras publicacións científicas; etc. Darase especial relevancia ás contribucións realizadas nos últimos cinco anos.

-Outros aspectos: ata 20 puntos. Valoraranse estadías en centros de investigación e outros méritos do candidato.

A selección dos candidatos será efectuada pola comisión de selección de investigación, creada polo Decreto 37/1998, do 30 de xaneiro (DOG do 6 de febreiro) consonte o baremo seguinte:

-Avaliación científico-técnica do candidato realizada polos expertos externos: ata 90 puntos.

-Adecuación do candidato ás prioridades do Plan Galego de Investigación, Desenvolvemento e Innovación Tecnolóxica: ata 10 puntos.

Efectuada a selección, a comisión elevará a proposta de resolución ó conselleiro de Innovación, Industria e Comercio para que resolva. Esta resolución publicarase no DOG.

O prazo máximo para resolve-las solicitudes presentadas ó abeiro da correspondente convocatoria será de 6 meses, contados desde a apertura do prazo de presentación de solicitudes. De non mediar resolución expresa no devandito prazo as solicitudes deberán entenderse desestimadas.

Contra as resolucións expresas ou presuntas que poñen fin á vía administrativa, poderán os interesados interpoñer potestativamente recurso de reposición ante o conselleiro de Innovación, Industria

e Comercio no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación no caso de resolucións expresas. No caso de que a resolución se entenda desestimatoria por silencio administrativo, o prazo será de tres meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

De non estima-la presentación deste recurso poderán os interesados interpoñer recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ó de recepción da correspondente notificación, se a resolución é expresa. No caso de que a resolución se entenda desestimada por silencio administrativo o prazo será de seis meses contados a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto.

Artigo 7º.-Formalización dos contratos.

Publicada a resolución no DOG, a Dirección Xeral de Investigación e Desenvolvemento, iniciará os trámites necesarios para a formalización dos contratos correspondentes a centros de investigación dependentes da Xunta de Galicia. Pola súa parte as universidades galegas e o CSIC procederán a realiza-los trámites necesarios para a contratación dos candidatos seleccionados para os seus organismos consonte ó previsto no convenio de colaboración asinado entre: a Consellería de Innovación, Industria e Comercio, as universidades galegas e o CSIC.

Os pagamentos que se realizarán ás universidades do sistema universitario de Galicia e ó CSIC por parte da Consellería de Innovación, Industria e Comercio, axustaranse ó disposto no devantido convenio.

Artigo 8º.-Obrigas dos beneficiarios e seguimento.

1. Os contratos financiados con cargo a esta convocatoria serán incompatibles coa vixencia de calquera outro contrato laboral por parte do investigador contratado.

2. Os investigadores que sexan contratados ó abeiro do disposto nesta orde poderán, por petición propia, prestar colaboracións complementarias tales como tarefas docentes, neste último caso ata un máximo de cento vinte horas anuais, tralo acordo do departamento implicado, que documentará debidamente a dita colaboración para os efectos de concurso e respectando a normativa vixente de incompatibilidades.

Santiago de Compostela, 30 de abril de 2003.

Juan Rodríguez Yuste

Conselleiro de Innovación, Industria e Comercio

ANEXO II

Solicitudes de prazas do programa Isidro Parga Pondal

PrazaCentro/lugar de traballoLocalidadeÁrea temáticaÁrea científicaOrganismo

P-O1Fac. de cienciasVigoFísica e ciencias do espacioFísica aplicadaUVI

P-O2Fac. de cienciasOurenseFísica e ciencias do espacioFísica aplicadaUVI

P-O3E.T.S.E. industriaisVigoFísica e ciencias do espacioFísica aplicadaUVI

P-O4Fac. de cienciasVigoCiencias da terraFísica da terra, astronomía e astrofísicaUVI

P-O5E.T.S.E. industriaisVigoCiencia e tecnoloxía dos materiaisCiencia dos materiais e enxeñería metalúrxicaUVI

P-O6Fac. de cienciasVigoQuímicaQuímica físicaUVI

P-O7Fac. de cienciasVigoQuímicaQuímica analíticaUVI

P-O8Fac. de cienciasVigoQuímicaQuímica orgánicaUVI

P-O9Fac. de cienciasVigoQuímicaQuímica inorgánicaUVI

P-10Fac. de cienciasOurenseTecnoloxía químicaEnxeñería químicaUVI

P-11Fac. de cienciasVigoTecnoloxía químicaEnxeñería químicaUVI

P-12Fac. de cienciasVigoBioloxía vexetal, animal e ecoloxíaBioloxía animalUVI

P-13Fac. de cienciasVigoBioloxía vexetal, animal e ecoloxíaEcoloxíaUVI

P-14Fac. de cienciasOurenseBioloxía vexetal, animal e ecoloxíaBioloxía vexetalUVI

P-15Fac. de cienciasVigoBioloxía vexetal, animal e ecoloxíaBioloxía vexetalUVI

P-16E.U. forestaisPontevedraBioloxía vexetal, animal e ecoloxíaEcoloxíaUVI

P-17Fac. de cienciasOurenseAgriculturaEdafoloxía e química agrícolaUVI

P-18Fac. de cienciasOurenseCiencia e tecnoloxía dos alimentosNutrición e bromatoloxíaUVI

P-19Fac. de cienciasOurenseCiencia e tecnoloxía dos alimentosTecnoloxía de alimentosUVI

P-20Fac. de cienciasVigoBioloxía molecular, celular e xenéticaXenéticaUVI

P-21Fac. de cienciasVigoBioloxía molecular, celular e xenéticaBioquímica e bioloxía molecularUVI

P-22Fac. de cienciasVigoFisioloxía e farmacoloxíaFisioloxíaUVI

P-23E.T.S.E. industriaisVigoEnxeñería eléctrica, electrónica e automáticaEnxeñería de sistemas e automáticaUVI

P-24E.T.S.E. industriaisVigoMatemáticasMatemática aplicadaUVI

P-25E.T.S.E. telecomunicaciónVigoTecnoloxía electrónica e teoría das comunicaciónsTeoría do sinal e comunicaciónsUVI

P-26E.T.S.E. telecomunicaciónVigoTecnoloxía electrónica e teoría das comunicaciónsTeoría do sinal e comunicaciónsUVI

P-27E.T.S.E. telecomunicaciónVigoTecnoloxía electrónica e teoría das comunicaciónsEnxeñería telemáticaUVI

P-28Fac. de ciencias económicas e empresariaisVigoEconomíaEconomía aplicadaUVI

P-29Fac. de ciencias económicas e empresariaisVigoEconomíaEconomía aplicadaUVI

P-30Fac. de ciencias económicas e empresariaisVigoEconomíaFundamentos da análise económicaUVI

P-31Fac. de cienciasA CoruñaAgriculturaEdafoloxía e química agrícolaUDC

P-32Fac. de cienciasA CoruñaBioloxía molecular, celular e xenéticaBioquímica e biloxía molecularUDC

P-33Fac. de ciencias da saúdeA CoruñaMedicina/ciencias da computación e tecnoloxía informáticaRadioloxía e medicina física/ciencias da computación e intelixencia artificialUDC

P-34Fac. de cienciasA CoruñaQuímicaQuímica analíticaUDC

P-35Fac. de cienciasA CoruñaCiencias da terraPaleontoloxíaUDC

P-36Fac. de ciencias da saúdeA CoruñaBioloxía molecular, celular e xenética/ciencias da computación e tecnoloxía informáticaXenética/ciencias da computación e intelixencia artificialUDC

P-37Fac. de ciencias da educaciónA CoruñaPsicoloxía e ciencias da educaciónPsicobioloxíaUDC

P-38Fac. de ciencias da educaciónA CoruñaPsicoloxía e ciencias da educaciónPsicoloxía evolutiva e da educaciónUDC

P-39Fac. de filoloxíaA CoruñaFiloloxía e filosofíaFiloloxía inglesaUDC

P-40Fac. de socioloxíaA CoruñaCiencias sociaisSocioloxíaUDC

P-41Fac. de socioloxíaA CoruñaCiencias sociaisSocioloxíaUDC

P-42Fac. de dereitoA CoruñaDereitoFilosofía do dereitoUDC

P-43Fac. de dereitoA CoruñaDereitoDereito civilUDC

P-44E.T.S.E. camiñosA CoruñaEnxeñería civil e arquitecturaEnxeñería do terreoUDC

P-45E.T.S.E. camiñosA CoruñaEnxeñería civil e arquitectura/tecnoloxía químicaEnxeñería hidráulica-enxeñería do terreo/tecnoloxía do medioUDC

P-46Fac. de informáticaA CoruñaMatemáticasEstatística e investigación operativaUDC

P-47Fac. de informáticaA CoruñaMatemáticasMatemática aplicadaUDC

P-48Fac. de informáticaA CoruñaTecnoloxía electrónica e das comunicaciónsTeoría do sinal e comunicaciónsUDC

P-49Fac. de informáticaA CoruñaTecnoloxía electrónica e das comunicaciónsEnxeñería telemáticaUDC

P-50Fac. de informáticaA CoruñaBioloxía molecular, celular e xenéticaXenéticaUDC

P-51Servicios xerais de apoio á investigaciónA CoruñaQuímicaQuímica analíticaUDC

PrazaCentro/lugar de traballoLocalidadeÁrea temáticaÁrea científicaOrganismo

P-52Servicios xerais de apoio á investigaciónA CoruñaBioloxía molecular, celular e xenéticaXenéticaUDC

P-53Instituto ciencias da saúdeA CoruñaBioloxía molecular, celular e xenéticaBioquímica e biomedicina molecularUDC

P-54Instituto de xeoloxíaA CoruñaCiencias da terraXeodinámicaUDC

P-55OTRI. vicerrectorado de investigaciónA CoruñaDereitoDereito civilUDC

P-56Instituto de estudios marítimosA CoruñaEconomía/gandería e pescaComecialización e investigación de mercados-economía aplicada/producción animalUDC

P-57Lab. imaxe médica e diagnóstica radiolóxicaA CoruñaCiencias da computación e tecnoloxía informáticaCiencias da computación e intelixencia artificialUDC

P-58Centro de investigacións tecnolóxicasFerrolEnxeñería mecánica, naval e aeronáuticaEnxeñería mecánicaUDC

P-59Centro de innovación tecnolóxica en edificación e enxeñería civilA CoruñaEnxeñería civil e arquitectura/tecnoloxía químicaEnxeñería da construcción-enxeñería hidráulica/tecnoloxía do medioUDC

P-60Instituto de medio ambienteA CoruñaQuímicaQuímica analíticaUDC

P-61Instituto de investigacións agrobiolóxicasSantiago de C.AgriculturaEdafoloxía e química agrícolaCSIC

P-62Instituto de estudios galegos Padre SarmientoSantiago de C.Historia e arteArqueoloxíaCSIC

P-63Fac. bioloxía/dpto. Edafoloxía e Química AgrícolaSantiago de C.AgriculturaEdafoloxía e química agrícolaUSC

P-64Fac. farmacia/dpto. Microbioloxía e ParasitoloxíaSantiago de C.Bioloxía molecular, celular e xenéticaMicrobioloxíaUSC

P-65Fac. farmacia/dpto. Bioquímica e Bioloxía MolecularSantiago de C.Bioloxía molecular, celular e xenéticaBioquímica e bioloxía molecularUSC

P-66Fac. farmacia/dpto. Microbioloxía e ParasitoloxíaSantiago de C.MedicinaParasitoloxíaUSC

P-67Fac. veterinaria/dpto. Química Analítica, Nutrición e BromatoloxíaLugoCiencia e tecnoloxía de alimentosTecnoloxía de alimentosUSC

P-68Fac. física/dpto. Física AplicadaSantiago de C.Ciencia e tecnoloxía de materiaisCiencia de materiaisUSC

P-69Instituto de cerámicaSantiago de C.Ciencia e tecnoloxía de materiaisCiencia de materiais e enxeñería metalúrxicaUSC

P-70Instituto de investigacións tecnolóxicasSantiago de C.Ciencias da computación e tec. informat.Linguaxes e sistemas informáticosUSC

P-71Fac. filoloxía/dpto. Filoloxía InglesaSantiago de C.Filoloxía e filosofíaFiloloxía inglesaUSC

P-72Fac. física/dpto. Física de PartículasSantiago de C.Física e ciencias do espacioFísica atómica, molecular e nuclearUSC

P-73Fac. física/dpto. Física de PartículasSantiago de C.Física e ciencias do espacioFísica atómica, molecular e nuclearUSC

P-74Fac. física/dpto. Física Materia CondensadaSantiago de C.Física e ciencias do espacioFísica da materia condensadaUSC

P-75Fac. física/dpto. Física Materia condensadaSantiago de C.Física e ciencias do espacioFísica da materia condensadaUSC

P-76Fac. farmacia/dpto. FarmacoloxíaSantiago de C.Fisioloxía e farmacoloxíaFarmacoloxíaUSC

P-77Fac. medicina/dpto. FisioloxíaSantiago de C.Fisioloxía e farmacoloxíaFisioloxíaUSC

P-78Fac. veterinaria/dpto. FarmacoloxíaLugoFisioloxía e farmacoloxíaFarmacoloxíaUSC

P-79Fac. medicina/dpto. FisioloxíaSantiago de C.Fisioloxía e farmacoloxíaFisioloxíaUSC

P-80Fac. bioloxía/dpto. Microbioloxía e ParasitoloxíaSantiago de C.Gandería e pescaPatoloxía animalUSC

P-81Instituto de investigacións tecnolóxicasSantiago de C.Historia e arteHistoria antiga/arqueoloxíaUSC

P-82Fac. matemáticas/dpto. Matemática AplicadaSantiago de C.MatemáticasMatemática aplicadaUSC

P-83Fac. matemáticas/dpto. Matemática AplicadaSantiago de C.MatemáticasMatemática aplicadaUSC

P-84Fac. matemáticas/dpto. Estatística e Investigación OperativaSantiago de C.MatemáticasEstatística e investigación operativaUSC

P-85Instituto de medicina legalSantiago de C.MedicinaMedicina legal e forenseUSC

P-86Fac. farmacia/dpto. Química InorgánicaSantiago de C.QuímicaQuímica inorgánicaUSC

P-87Fac. química/dpto. Química OrgánicaSantiago de C.QuímicaQuímica orgánicaUSC

P-88Fac. química/dpto. Química FísicaSantiago de C.QuímicaQuímica físicaUSC

P-89Fac. química/dpto. Química Analítica, Nutrición e BromatoloxíaSantiago de C.QuímicaQuímica analíticaUSC

P-90Fac. química/dpto. Química InorgánicaSantiago de C.QuímicaQuímica inorgánicaUSC

P-91E.T.S.I./dpto. Enxeñería QuímicaSantiago de C.Tecnoloxía químicaEnxeñería químicaUSC

P-92IdegaSantiago de C.Ciencias sociaisAnálise xeográfico rexionalUSC

P-93Centro de investigacións mariñasCorón, (Vilanova de Arousa), PontevedraGandería e pescaPatoloxía animal/producción animal/sanidade animalConsellería de Pesca e Asuntos Marítimos

P-94Centro de cultivos mariñosRibadeo, LugoGandería e pescaPatoloxía animal/producción animal/sanidade animalConsellería de Pesca e Asuntos Marítimos

P-95Centro de Investigacións Forestais e Ambientais de LourizánLourizán PontevedraAgriculturaEnxeñería agroforestalConsellería de Medio Ambiente