Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 89 Venres, 09 de maio de 2003 Páx. 5.843

III. OUTRAS DISPOSICIÓNS

CONSELLERÍA DE ECONOMÍA E FACENDA

DECRETO 246/2003, do 24 de abril, polo que se ceden, a título gratuíto, tres inmobles situados no barrio de San Vicente do Pino, no termo municipal de Monforte de Lemos (Lugo).

O mosteiro de San Vicente do Pino foi adquirido polo Instituto Galego da Vivenda e Solo (en diante IGVS) e posteriormente foi cedido ó Estado para a súa rehabilitación e construcción dun parador de turismo, de conformidade co establecido no convenio de colaboración asinado entre a Xunta de Galicia, a Diócese de Lugo, a Comunidade Benedictina de Samos e o Concello de Samos, formalizado en escritura pública do 26 de decembro de 1996, e modificado por escritura de emenda de convenio e compravenda do 7 de outubro de 1998.

Os terreos inicialmente adquiridos co mosteiro resultaron insuficientes para incluír tódalas instalacións que un establecemento turístico desas características require. Por isto, a Comunidade Autónoma de Galicia adquiriu tres inmobles contiguos ós adquiridos polo IGVS, para a súa cesión ó Estado coa finalidade da construcción da piscina e instalacións anexas ó futuro parador de turismo.

Logo da declaración de alienabilidade dos ditos inmobles mediante Orde do 20 de marzo de 2003 da Consellería de Economía e Facenda, a Secretaría Xeral e do Patrimonio, e tendo en conta o informe da Consellería de Cultura, Comunicación Social e Turismo, tramitou o expediente de cesión da titularidade dos inmobles de acordo co previsto no artigo 30 da Lei 3/1985, do 12 de abril, do patrimonio da Comunidade Autónoma galega e 83 e seguintes do seu regulamento.

Na súa virtude, por proposta do conselleiro de Economía e Facenda e logo da deliberación do Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do día vintecatro de abril de dous mil tres,

DISPOÑO:

Artigo 1º

Acórdase a cesión, a título gratuíto, a favor do Estado dos predios que a continuación se describen:

a) Soar denominado Horta de San Vicente, de 598 m, que linda ó norte, Campo da Virxe; ó sur, depósitos municipais de auga; ó leste e ó oeste, Comunidade de Benedictinos de Samos.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade no tomo 746, libro 307, folio 23, predio nº 31638, inscrición 2ª. Referencia catastral 2592009 PH 2029 S 0001 WJ.

b) Soar denominado Horta de San Vicente; de 367 m, que linda ó norte, Campo da Virxe; ó sur, cortes que pertenceron ó mosteiro de San Vicente; ó leste, predio chamado Horta de San Vicente da Comunidade de Benedictinos de Samos, e ó oeste, mosteiro de San Vicente.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade no tomo 746, libro 307, folio 24, predio nº 31639, inscrición 2ª. Referencia catastral 2592023 PH 2029 S 0001 TJ.

c) Casa de alto e baixo, completamente deteriorada, de superficie aproximada de 56 m coa súa horta unida duns tres ferrados ou 14 áreas e 67 centiáreas, que linda, en conxunto, pola súa fronte ou sur, e pola dereita entrando ou leste, con camiño público; polo fondo ou norte, predio de Pedro Pérez; e pola súa esquerda ou oeste, coa horta anexa ó mosteiro da residencia benedictina.

Figura inscrito no Rexistro da Propiedade no tomo 455, libro 143, folio 124, predio nº 9443, inscrición 2ª. Referencia catastral 2592008 PH 2029 S 0001 HJ.

Artigo 2º

A cesión queda sometida ás seguintes cláusulas:

a) O fin da cesión dos inmobles descritos será a construcción e mantemento da piscina e instalacións anexas para o futuro parador de turismo.

b) Se o ben cedido non se aplicase co fin sinalado dentro do prazo de dous anos, contados desde o outor

gamento da escritura pública, ou deixase de estalo con posterioridade, se descoidase ou utilizase con grave quebrantamento, ou se incumprisen as condicións do acordo, considerarase resolta a cesión e o inmoble reverterá á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia, que terá dereito a percibir, logo de taxación pericial, o valor dos detrimentos ou deterioracións que experimentase.

c) Tódolos gastos e impostos derivados da transmisión, incluído o imposto do incremento do valor dos terreos de natureza urbana, así como os da segregación, serán por conta do cesionario.

Artigo 3º

A cesión formalizarase mediante escritura pública subscrita polo secretario xeral e do Patrimonio ou funcionario en quen delegue, debendo constar nela o acordo de cesión e a aceptación do cesionario.

Disposición derradeira

A Consellería de Economía e Facenda, a través da Secretaría Xeral e do Patrimonio, levará a cabo tódolos trámites necesarios para a efectividade deste decreto.

Santiago de Compostela, vintecatro de abril de dous mil tres.

Manuel Fraga Iribarne

Presidente

José Antonio Orza Fernández

Conselleiro de Economía e Facenda