Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.823

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 8 de abril de 2003, da Delegación Territorial da Coruña, pola que se fai pública unha relación de notificacións de aperturas e pregos de cargos de expedientes sancionadores (PESAN1 2003/000086-1 e outro máis).

De conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE nº 285, do 27 de novembro), notifícaselles ás persoas que a continuación se relacionan, as aperturas e pregos de cargos dos expedientes instruídos por infracción da Lei 6/1991, do 15 de maio, de infraccións en materia de protección de recursos marítimo-pesqueiros (DOG nº 99, do 27 de maio).

Os interesados dispoñen dun prazo de dez días, contado a partir do día seguinte ó da publicación deste edicto, para presentar ante a delegación territorial as alegacións que estimen pertinentes.

Os expedientes relacionados a seguir atópanse á disposición dos interesados na citada Delegación Territorial da Coruña, Ramón y Cajal s/n, 5ª planta.

Nº de expediente: PESAN1 2003/000086-1.

Denunciado: Marco Antonio Suárez Martínez.

DNI: 79317703-H.

Enderezo: travesía Roncudo, Ponteceso.

Nº de expediente: PESAN1 2003/000165-1.

Denunciado: Constantino Ares Lema.

DNI: 79321747-Z.

Enderezo: Escabanas, s/n, Cee.

A Coruña, 8 de abril de 2003.

Javier Alonso Moraleja

Instructor