Descargar PDF Galego | Castellano

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 88 Xoves, 08 de maio de 2003 Páx. 5.822

VI. ANUNCIOS

DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

CONSELLERÍA DE PESCA E ASUNTOS MARÍTIMOS

CÉDULA do 21 de marzo de 2003, da Delegación Territorial de Vigo, pola que se notifica a resolución do expediente administrativo sancionador e de restitución e reposición da legalidade 67.1/2001, a Laureano Planas Prado por presunta infracción da lexislación de costas, con obras executadas no lugar de avenida de Portugal, número 72, da Ramallosa, termo municipal de Nigrán (Pontevedra).

De conformidade co disposto no art. 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións publicas e do procedemento administrativo común, notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a resolución do recurso de alzada, dictada polo conselleiro de Pesca e Asuntos Marítimos, interposto contra resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente, entón competente en materia de costas, pola que se lle impuso unha sanción consistente en multa de mil cincocentos setenta e tres euros con dous céntimos (1.573,02 A) e se lle ordenou repoñe-los terreos nos que se executaron as obras obxecto do expediente ó seu primitivo estado.

Contra esta resolución, que pon fín á vía administrativa, poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses contados a partir do sía seguinte da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co disposto polo artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdicción contencioso-administrativa.

Vigo, 21 de marzo de 2003.

Paloma Rueda Crespo

Delegada territorial de Vigo

ANEXO

Expediente número: 67.1/2001.

Expedientado/a: Laureano Planas Prado.

Condición: promotor.

Último enderezo coñecido: avda. de Portugal, nº 72, A Ramallosa, 36350 Nigrán.

Data da resolución: 12-2-2003.

Feitos: construcción dunha cuberta sobre galpón antigo.

Lugar: avda. de Portugal, nº 72, A Ramallosa.

Concello: Nigrán.

Resolución: esta consellería resolve admiti-lo recurso de alzada interposto con data do 22-8-2001 por Laureano Planas Prado contra a resolución do delegado provincial da Consellería de Medio Ambiente en Pontevedra do día 2-8-2001 e desestimalo, confirmando a resolución recorrida.